Páginas

Páginas

martes, 31 de maio de 2022

FALADOIROS NO MUÍÑO 8

 Hoxe visitounos Santi, o pai de Mateo e Pedro, e contounos o "Peixe arcoiris". E logo fixemos o mar nunha pequena botella!!!

Encantounos o conto e a actividade!!!

preme na imaxe



luns, 30 de maio de 2022

Dúas futuras escritoras!!!

No noso colexio temos dúas futuras escritoras polo que lles damos os nosos parabéns a Xiana Pousa Pazos, de 5º A por acadar o primeiro premio no II Certame literario de Territorio Vákner convocado polo Concello de Dumbría e tamén a Uxía Busto Domínguez, de 3º A, polo primeiro premio de Poesía do Certame das Letras Gazafellas de Negreira.

Noraboa e a seguir colleitando moitos máis gozando coa escritura.





venres, 20 de maio de 2022

Premios aos mellores lectores e agasallos aos colaboradores da biblioteca

 Dende a dirección do centro e clasutro de profesores, especialmente do equipo da biblioteca queremos felicitar ao noso alumnado que foi premiado como mellores lectores do curso 21-22 (Valentina Rouco, Uxía Busto, Fabián Míguez e Martín Cacheiro) e agradecer enormemente ao alumnado de 6º, COLABORADORES DA BIBLIOTECA, que fan que sexa un espazo máis acolledor e organizado. 

EN HORA BOA A TODOS ELES!!!






xoves, 19 de maio de 2022

FALADOIROS NO MUÍÑO 7

 Dentro da actividade FALADOIROS NO MUÍÑO, contamos coa presencia da nai de Kostka, de 3º B, na que xogamos a "Preguntas inconfesables sobre o Camiño Francés".

Estivo moi ben e divertido!

preme na imaxe



mércores, 18 de maio de 2022

Festa das Letras Galegas 2022

 O pasado luns, foi un día de baile, música, poesía, teatro e maios para celebrar a festa das LETRAS GALEGAS.

Parabéns aos artistas pola súa participación nos diferentes ámbitos e ao público pola súa  total entrega coas actuacións. Seguiremos celebrando as Letras Galegas cada día.

  

 

Preme na imaxes





Obras de teatro realizadas polo alumnado de 5º A






venres, 13 de maio de 2022

Escape Room no Camiño!

 O alumnado de 5º de E.P., hoxe disfrutaron da actividade “Escape Room no Camiño” plantexada por Sabela Losada Cortizas, que quedou pendente polo tempo, dentro das actividades organizadas no centro polo 8M.

“Atención rapazada, sodes un grupo de peregrinas e peregrinos medievais a Santiago de Compostela que perdéronse no camiño e ao entraren nun pazo para pedir axuda quedaron atrapadas. So a través de colaborar e resolver varias probas poderedes saír dos muros vellos que vos rodean e voltar ao bo camiño. Pero coidado, porque as pedras comezan a caer, o teito parece ceder e non hai moito tempo para facer fronte os desafíos e chegar ao exterior. Estades con forzas e cos miolos ben espertos para superar esta aventura? Como bos e boas peregrinas, todo o que saibades do Camiño vaivos axudar!!

 preme na imaxe




xoves, 12 de maio de 2022

Faladoiro sobre Neuroeducación

O profesorado do centro participante no PFPP: 

"Traballando coa nueroeducación no CEIP Agro do Muíño", aborda neste faladoiro os aspectos máis salientables do aprendido nesta formación.

Agardamos que vos resulte de interese!


mércores, 11 de maio de 2022

Concerto Cé Orquestra Pantasma

 Actividades Letras Galegas 2022!

Para comezar hoxe tocou unha sesión de animación musical que estivo a cargo do artista Cé Orquestra Pastasma. Os nenos e nenas disfrutaron moito ao aire libre cantando e interactuando co músico.





venres, 6 de maio de 2022

Visita á Radio Agroonda polo alumnado de 6º B Infantil

 Os nenos e nenas de 6º B de infantil viñemos á radio para dicir as rimas do noso nome. 

Agardamos que vos guste.