Páginas

Páginas

mércores, 27 de abril de 2022

FALADOIROS NO MUÍÑO 6

 Dentro da actividade FALADOIROS NO MUÍÑO, contamos coa presencia do pai e nai de Onda, de 4 anos B, que nos contaron un conto dunha nena chamada Marta que fai o Camiño de Santiago, mesturando mímica, música, acrobacias, baile, malabares...

Foi moi divertido e pasámolo moi ben!!!

preme na imaxe



martes, 26 de abril de 2022

CHARLA: "Perigos de Internet, videoxogos e redes sociais"

 ESCOLA DE PAIS E NAIS

Onte, tivemos no ximnasio do centro, a segunda sesión de Escola de nais e pais correspondente ao 2º trimestre, actividade en colaboración coa ANPA e o CAFI. O título do obradoiro foi:

"PERIGOS DE INTERNET, VIDEOXOGOS E REDES SOCIAIS". 

Impartido por Mercedes Urbiola, recoñecida pedagoga e responsable da escola Montessori en Bertamiráns.

preme na imaxe




xoves, 21 de abril de 2022

Nova visita á Radio Agroonda polo alumnado de 5 anos A

 A aula verde de Infantil, elexiron dentro do itinerario lector un conto que traballaron durante o 2º trimestre. E facíalles ilusión contarnolo na nosa radio Agroonda, así que ahí está o

"Quen vén esta noite? 

polas nenas e nenos de 5 anos A.

Despois realizaron un pequeno coloquio sobre o conto.

Teñen unha mensaxe dalgún dos protagonistas...quen será?...

Escoitade con moita atención


martes, 19 de abril de 2022

Día do LIBRO 2022

Continuamos co noso camiño...nesta ocasión de contos!!!

Para celebrar o Día do Libro 2022, dende o equipo de biblioteca propuxemos a actividade: "Escolle un conto, escolle un camiño". 

Cada aula escolleu un destino e unha emoción relaionada cun conto do noso Itinerario Lector. Decoraron dúas frechas coas palabras elexidas, quedan preciosas no corredor do ximnasio.

Esperamos que vos guste!!!

Corredor do ximnasio

Preme na imaxe para ver as palabras elexidas por cada aula


Tamén temos unha selección de contos na nosa biblioteca.


Algúns exemplos dos traballos nas aulas











venres, 8 de abril de 2022

Visita de El Hematocrítico

 El Hematocrítico visitou o noso cole e concretamente  ao alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria, para falarnos dos seus libros: "Rapunzel con piollos " e "Feliz feroz", contos do noso itinerario lector deste curso.






sábado, 2 de abril de 2022

Día de CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

  Hoxe é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022.

Pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo ( TEA) e as súas familias para gozar dunha vida feliz.

As compañeiras do Departamento de Orientación, para conmemorar este día decoraron as entradas do cole con gobos azuis e unha adaptación do decálogo de Ángel Rivière sobre

QUE ME PIDIRÍA UNHA PERSOA AUTISTA?







venres, 1 de abril de 2022

Visita á Radio Agroonda polo alumnado de 5 anos B

 Radio Agroonda recibiu a visita do alumnado de 5 anos B, pra falarnos dun conto moi interesante. É a verdadeira historia do Rato Pérez. 

Seguro que te sorprenderá!

Moitas grazas  a Iria, de 5º C, pola súa colaboración.

preme na imaxe