Presentámosvos os nosos traballos do Nadal 2020
Páginas
Páginas
martes, 29 de decembro de 2020
venres, 18 de decembro de 2020
GUÍA DE LECTURA: NADAL PEREGRINO DE CONTOS 2020
O comezo deste novo curso escolar foi o
máis atípico que coñecemos todos.
Dende toda a comunidade educativa,
queremos darvos os nosos parabéns pola vosa colaboración, axuda e conciencia.
Neste documento deixámosvos a nosas
recomendacións para os diferentes niveis que dende os equipos de Bibliotecas
escolares dos centros públicos de Ames elaboramos. Pretenden ser unha
recomendación de libros que nos parecen interesantes.
Desexámosvos un Nadal cheo de alegría e saúde.
Vémonos no 2021!
xoves, 17 de decembro de 2020
POSTAIS DO NADAL
O equipo de EDLG do cole, organiza o Concurso de Postais do Nadal.
Neste primeiro vídeo podedes ver a imaxinación do noso alumnado.
E neste vídeo as postais gañadoras!!!
DÚAS ALUMNAS ESCRITORAS DE TERROR
Os contos de terror de dúas alumnas do noso centro foron seleccionados polo xurado na primeira
edición do Certame Literario “Territorio Vákner”.
Terceiro premio. «Pelos na almofada», de Julia Abelleira
Ferreiro.
Quinto premio. «A lenda da nena do Camiño», de Zoe
Glasscock.
Moitos parabéns para Julia e Zoe!!!!
UN MONSTRO DO MEDIEVO NO CAMIÑO DE FISTERRA E MUXÍA
Estades a punto de introduciros nun
territorio mítico e descoñecido, nun mundo de lenda e misterio, nunha época de
cambios e descubrimentos para a humanidade. Un obispo, Mártir de
Arzendján, un monstro e as
enigmáticas terras de Dumbría forman
parte dun relato que os fará recorrer estos lugares con cuidado e precaución.