CENTRADO NO PROXECTO UN CURSO DE PELÍCULA XA VOS PODEDES IMAXINAR CALES FORON OS DISFRACES ELEXIDOS PARA CELEBRALO: SUPERHEROES, DÁLMATAS, ROMANOS, HARRY PPOTTER ETC... DESFILARON POLO NOSO CENTRO FACENDO AS DELICIAS DE PAIS, NAIS , PROFESORADO E ALUMNADO. PREPARÁRONSE DIFERENTES COREOGRAFÍAS ALUSIVAS ÁS PELICULAS REPRESENTADAS. PODEDES VELO NESTE VÍDEO. BO ENTROIDO.
Páginas
▼
Páginas
▼
sábado, 22 de febreiro de 2020
ENTROIDO CINEMATOGRÁFICO
UN ANO MÁIS CELEBRAMOS O ENTROIDO DO CENTRO DE PORTAS ABERTAS AO QUE ASISTIRON TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVO.
venres, 21 de febreiro de 2020
OS DE 3º FAN TEATRO
Con motivo da visita ao centro dos compoñentes do programa televisivo galego "Era visto", o alumnado de 3º de E.P. preparou unha representación teatral na que reivindican a importancia da toponimia:
"O señor Xosé cae desmaiado e chaman á ambulancia para que vaia a Ames- igrexa, pero cando chega alí non hai ninguén e danse conta que deron a información mal, non era no concello de Ames senón na parroquia de Ames,..."
Rematan dita representación cun "Era visto..." que provocou as risas de todo o público asistente, incluidos os actores da serie que tanto éxito está a ter na TVG. Eles foron os primeiros en aplaudir e agradecer a actuación dos nosos pequenos, pero grandes artistas.
Disfrutade vós tamén coa obra:
Dámoslle a noraboa tamén á súa mestra e directora da obra Mari.
Sodes o futuro cultural do noso país!!
Sodes o futuro cultural do noso país!!
xoves, 20 de febreiro de 2020
SEGUIMOS DE CINE CON ERA VISTO
Era vistoǃ
É UNHA SERIE DA TELEVISIÓN GALEGA ESTREADA NO ANO 2011 E QUE SE EMITE NA T.V.G.
FOI GALARDOADA CO PREMIO Á MELLOR SERIE DE TELEVISIÓN NOS PREMIOS MESTRE MATEO 2012 E 2013.
GRAZAS A FEDERICO PÉREZ REY , PAI DE DÚAS ALUMNAS DO CENTRO, TIVEMOS A SORTE DE CONTAR E COMPARTIR UNHA SESIÓN CON :
O ALUMNADO DE 3º,4º,5º E 6º DE ED. PRIMARIA PREGUNTARON AOS TRES ACTORES SOBRE O MUNDO DO CINE. O TEMPO QUE LLE LEVABA FACER UNGHA SERIE, CANTAS SERIES FIXERAN, COMO SE ORGANIZABAN NO DÍA A DÍA, AS EMO0CIÓNS QUE SENTÍAN CANDO RODABAN, CANTO TEMPO LLE LEVABA A RODAXE, SE TIÑAN QUE REPETIR MOITAS VECES AS TOMAS, SE NON LLE DABA A RISA ...
CON MOITA PACIENCIA FÓRON CONTESTANDO A TODAS AS SÚAS PREGUNTAS SOLICITÁNDOLLE A MARCOS PEREIRO, COMO KEVIN ,SE PODÍA FACER A VOZ DA SERIE.
OS ACTORES ENSINÁRONLLE UN GUIÓN E INCLUSO PREPARARON UNHA PEQUENA SECUENCIA PARA REPRESENTAR "IN SITU"
APRENDEMOS NOVAS COUSAS SOBRE O MUNDO DO CINE E DISFRUTAMOS MOITO DA SÚA COMPAÑÍA.
EN NOME DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA MOITAS GRAZAS A FEDERICO, MARCOS E PATRICIA.
PODEDES VER UN PEQUENO FRAGMENTO NESTE PEQUENO VÍDEO
sábado, 8 de febreiro de 2020
STOP MOTION CON ALGARABÍA ANIMACIÓN NO NOSO CENTRO
Virginia Curia e Tomás Conde visitaron o noso cole o pasado 6 de febreiro. Son unha parella de cineastas especializados en stop motion con personaxes modelados en plastilina e fundadores da productora Algarabía Animación dende a que dirixen e fan curtametraxes, series, campañas publicitarias
Fixeron as ledicias do alumnado de Ed. Infantil que puido disfrutar das súas explicacións e dalgunhas curtas.
O noso agradecemento a Federico, pai de dous alumnos/as do Centro por facelo posible.
Se queredes, podedes ver un exemplo das súas produccións en
CUIDA EL AGUA. ALGARABÍA ANIMACIÓN
venres, 7 de febreiro de 2020
ACTORES DE DOBRAXE POR UN DÍA
A DOBRAXE é o proceso de gravar e substituír voces dun medio cinematográfico, televisivo ou radiofónico para a súa internacionalización. Consiste en substituír os diálogos falados polos actores nun idioma orixinal por outros diálogos idénticos ou similares noutro idioma.
Un actor/actriz de dobraxe é aquel que da voz e se encarga de substituír os diálogos orixinais dunha produción audiovisual, a posterior, nun estudo de grabación.
O 20 de xaneiro o pai de Eva Jímenez, dobrador e locutor de radio, visitou o noso Centro para ensinarlle aos nenos e nenas de 3º de Ed. Primaria como se realizaba a dobraxe de películas. Os nenos/as prestaron as súas voces para realizar fragmentos de dobraxes de SREK E HARRY POTTER. Foi unha experiencia apaixoante e que lle provocou moita ilusión e admiración. Amosamos un pequeno vídeo coa mostra do que traballamos.
MOITAS GRAZAS
xoves, 6 de febreiro de 2020
UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA
MOSTRA DE BIBLIOGRAFÍA ADQUIRIDA PARA UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA
PARA QUE A NOSA BIBLIOTECA SEXA UN ESPAZO MÁIS DE INCLUSIÓN DENTRO DO CENTRO EDUCATIVO
PARA QUE A NOSA BIBLIOTECA RESPONDA ÁS NECESIDADES DE TODO O ALUMNADO.
PARA AFRONTAR OS RETOS QUE PRESENTA A DIVERSIDADE
PARA CREAR ACTITUDES VISIBILIZADORAS NORMALIZADORAS E RESPECTUOSAS COA DIVERSIDADE
mércores, 5 de febreiro de 2020
PAZ E SOSTENIBILIDADE 2020
OS PLÁSTICOS NO PLANETA.
RESPONSABILIDADE DE TODOS E TODAS
Os plásticos tomaron a Terra. A súa crecente producción ameaza con contaminar cada recuncho do planeta, especialmente os mares.
Reducir o seu uso e impacto é responsabilidade de todos. Os seus efectos sos demoledores. O uso do plástico é insostible e claro exemplo da cultura de usar e tirar. Debemos ir a orixe do problema, reducir a cantidade de plástico que se pon en circulación e apostar pola reutilización.
O ALUMNADO DE 6º DE DE ED. PRIMARIA CREOU ESTE VÍDEO PARA CONCIENCIAR DA PROBLEMÁTICA ANTERIORMENTE EXPOSTA. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE. PARABÉNS AO PROFE ADRIÁN E AOS ALUMNOS/AS POR ESTE EXCELENTE TRABALLO.
RECITADO DE POEMAS SOBRE PAZ E SOSTENIBILIDADE.
luns, 3 de febreiro de 2020
CONMEMORAMOS A PAZ CO CINE : LOS CHICOS DEL CORO
CONTINUAMOS CO CINE.
PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ A PROFESORA DE MÚSICA, LOGO DE TRABALLAR A PARTE MUSICAL DA PELÍCULA LOS CHICOS DEL CORO PREPAROU CO ALUMNADO DE 5º E 6º DÚAS PEZAS MUSICAIS. UNHA INTRUMENTAL CON FRAUTA E OUTRA O CANTO CORAL.
SENTÍMONOS MOI FACHENDOSOS DO VOSO EXCELENTE TRABALLO. EMOCIONOUNOS MOITÍSIMO. TRABALLO IMPECABLE RASPACES. PARABÉNS ANA POR ESTE FERMOSO TRABALLO. AGARDAMOS QUE O DISFRUTEDES TANTO COMA NÓS