Páginas

Páginas

venres, 26 de outubro de 2018

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


  TODO O ALUMNADO ESTABA PENDENTE DA CHEGADA DESTE DÍA, NO QUE FESTEXAMOS A APERTURA DA BIBLIOTECA.

  OS RAPACES SABEN BEN QUE COMEZA O PRÉSTAMO DE LIBROS E A BIBLIOTECA ABERTA  FUNCIONANDO  EN TODOS OS RECREOS E POLA TARDE. É MOI EMOCIONANTE PALPAR  A ILUSIÓN QUE PRESENTAN POR LEVAR AS MOCHILAS E A SORPRESA POR VER O NOVO MATERIAL BIBLIOGRÁFICO E VIDEOGRÁFICO.

TRABALLAMOS PREVIAMENTE NAS AULAS ESTA CONMEMORACIÓN FACENDO CARTEIS REPRESENTATIVOS, ENLAZANDO A TEMÁTICA  PRESENTADA POR B.E.G.A E A TEMÁTICA DO CENTRO.

CADA AULA FIXO  PAREADOS E POEMAS ALUSIVOS AO  CONTO OU CONTOS, LENDAS, CONTOS DE TRADICIÓN ORAL... QUE TRABALLARÁN AO LONGO DO CURSO.

PRESENTÁMOSVOS O VÍDEO:

POEMAS RIMADOS DE CONTOS CONTADOS


domingo, 21 de outubro de 2018

NOVOS FONDOS BIBLIOGRÁFICOS

AVISO Á COMUNIDADE EDUCATIVA


NO CORREDOR DO CENTRO TEDES OS NOVOS FONDOS BIBLIOGRÁFICOS ADQUIRIDOS PARA O PROXECTO "ENTRE CONTOS ANDA O CONTO"

DE MOMENTO E ATA QUE SE COLOQUEN NA BIBLIOTECA ESCOLAR, PODEDES VELOS, PERO NON LEVALOS. GRAZAS. 



sábado, 20 de outubro de 2018

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

DENDE O DÍA 15 DE OUTUBRO ESTAMOS REALIZANDO NA BIBLIOTECA ESCOLAR ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS PARA O ALUMNADO E O PROFESORADO. ISABEL, MEMBRO DO EQUIPO DA BIBLIOTECA FOI A ENCARGADA DE EXPLICARLLE AO PROFESORADO O FUNCIONAMENTO DO PROGRAMA MEIGA.

ISABEL EXPLICA AO PROFESORADO O FUNCIONAMENTO DO PROGRAMA MEIGA

TODO O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA, POR AULAS, BAIXOU Á BIBLIOTECA ESCOLAR  COS OBXECTIVOS DE :

 -COÑECER AS NORMAS DE BIBLIOTECA.
CARTEL ELABORADO POLO ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA





-IDENTIFICAR OS RECUNCHOS DA BIBLIOTECA




-COÑECER A C.D.U. POLA QUE ESTÁN CATALOGADOS OS LIBROS


-APRENDER A BUSCAR O MATERIAL VIDEOGRÁFICO E BIBLIOGRÁFICO QUE NOS  INTERESA


-COÑECER A INFORMACIÓN QUE APORTA O "TEJUELO".


-DAR A COÑECER A NOSA MASCOTA AO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN.







  DEIXÁMOSVOS  UNHA PRESENTACIÓN CON TODAS AS ACTIVIDADES REALIZADAS.