Páginas

Páginas

venres, 18 de maio de 2018

ITINERARIO LECTOR (MATERIAL PRODUCIDO)


CLICANDO NAS SEGUINTES LIGAZÓNS PODERÁS ACCEDER A ALGÚNS DOS MATERIAIS ELABORADO POLO ALUMNADO E PROFESORADO PARA TRABALLAR A LECTURA NAS AULAS:

          -EU CONTO TI CANTAS

          -MAGO GOMA


          -FORMIGAS

          -AMIGOS(ERIC CARLE)




mércores, 16 de maio de 2018

XOGANDO CON GATOS (LETRAS 2018)



O DÍA 16 DE MAIO CELEBRAMOS NO CENTRO O DÍA GRANDE DAS NOSAS LETRAS. REALIZAMOS UN FESTIVAL AO QUE ASISTIU TODO O ALUMNADO DO CENTRO.
PREVIAMENTE O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA ELABOROU UNHA PRESENTACIÓN MULTIMEDIA SOBRE A AUTORA HOMENAXEADA Mª VICTORIA MORENO. A PROFESORA DE MÚSICA TRABALLOU O HIMNO GALEGO PARA PODER CANTALO TODOS XUNTOS NESTA OCASIÓN.  TAMEN ENSAIARON O ALALÁ DO MAIO.

O ALUMNADO DE 5º  DE PRIMARIA ADAPTOU A OBRA DE ANTÓN CORTIZAS, XOGANDO CON GATOS, QUE ESCENIFICARON NESTE DÍA E NA QUE FACÍAN INTERVIR A TODOS OS ESPECTADORES/AS RECITANDO UN RETROUSO. FIXERON UNS DECORADOS FERMOSOS E A REPRESENTACION E POSTA EN ESCEA FOI EXCELENTE. A MÚSICA FOI INTERPRETADA POR VARIOS NENOS E NENAS INTERPRETANDO PEZAS CON VIOLÍN, PIANO E GAITA.
AMOSAMOS UN PEQUENO TRABALLO DESTE FESTIVAL.


xoves, 10 de maio de 2018

LECTURAS COMPARTIDAS E APADRIÑAMENTOS LECTORES

LECTURAS COMPARTIDAS E APADRIÑAMENTOS  LECTORES

ESTA ACTIVIDADE, HABITUAL NO CENTRO, É A PREFERIDA POLOS NENOS E NENAS E .PAIS E NAIS. APROVEITAMOS PARA REALIZALA NA HORA DE LER. O ALUMNADO DE PRIMARIA PREPARA PREVIAMENTE OS CONTOS, POEMAS OU TEXTOS PROPIOS PARA COMPARTILOS CO ALUMNADO DE ED. INFANTIL. 
E MOI GRATIFICANTE PARA TODOS, XA QUE ALGÚNS ESTÁN MOI MOTIVADOS POR ASISTIR Á AULA NA QUE ESTÁN OS SEUS IRMÁNS PEQUENOS. OS MAIORES SÍNTENSE IMPORTANTES, ACTIVOS, PROTAGONISTAS E OS PEQUENOS ENCANTADOS POLA ATENCIÓN INDIVIDUAL QUE LLE ADICAN. 
TEN COMO RESULTADO UN PROVETOSO E ANIMADO MOMENTO LECTOR

mércores, 9 de maio de 2018

MAIO DE LETRAS. POEMAS AO SOL ( EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE AMES)


POEMAS AO SOL

EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE AMES E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA O ALUMNADO DO CENTRO PARTICIPOU XUNTO COS OUTROS CENTROS DE ENSINO PÚBLICO DO CONCELLO NO PROGRAMA

TENDAL DE POEMAS

CO GALLO DAS LETRAS GALEGAS. ESCRIBIRON E ILUSTRARON POEMAS DE DIFERENTES AUTORES GALEGOS E ALGÚN DE ELABORACIÓN PROPIA DO GRUPO-AULA.
LOGO FORON COLGADOS EN TENDAIS EN DIFERENTES LUGARES DO NOSO CONCELLO PARA LECTURA E DISFRUTE DE TODOS OS VECIÑOS/AS.




martes, 8 de maio de 2018

MAIO DE LETRAS EU CONTO, TI CANTAS. Mª VICTORIA MORENO


IAGO LÓPEZ FOI O ENCARGADO DE REALIZAR UNHA SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA O DÍA SETE DE MAIO  DO LIBRO EU CONTO TI CANTAS DE Mª VICTORIA MORENO, ESCRITORA HOMENAXEADA  NAS LETRAS GALEGAS. ESTE LIBRO DE Mª VICTORIA MORENO REÚNE TRES CONTOS DE ANIMAIS EN VERSO E ILUSTRADOS POR MANOLO UHÍA.

ALUMNADO DE ED. INFANTIL E DE 1º DE ED. PRIMARIA NA SESIÓN DE ANIMACIÓN.

mércores, 2 de maio de 2018

MAIO DE LETRAS ENCONTRO CON ILUSTRADORES

O DÍA 20 DE ABRIL O ALUMNADO DE 2º DE ED. PRIMARIA TIVO A VISITA, NA BIBLIOTECA DO CENTRO, DE JACOBO FERNÁNDEZ A PROPOSTA DAS ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA UN MAIO DE LETRAS. OS NENOS E NENAS ADMIRARON A DESTREZA CO LAPIS DO AUTOR E ILUSTRADOR. FÍXOLLE MOITA ILUSIÓN PORQUE TRABALLARAN NA AULA O LIBRO DE MARCOPOLA A ILLA REMEIRA, QUE ERA UN DOS ELEXIDOS NO ITINERARIO LECTOR. FOI UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA.



SE QUERES DESCARGAR O PROXECTO ORIXINAL PREME NA LIGAZÓN: MARCOPOLA A ILLA REMEIRA