Páginas

Páginas

xoves, 25 de xaneiro de 2018

PAZ 2018 TEXTOS PRESCRIPTIVOS





A PROPOSTA DENDE A BIBLIOTECA FOI  O TRABALLO DO TEXTO PRESCRIPTIVO.

CADA AULA ELABORARÍA PAXARIÑAS DE PAPEL SEGUINDO AS INSTRUCCIÓNS DE DOBRAXE PARTINDO DE DIFERENTES FONTES: VÍDEOS, TITORIAIS...





PRETENDEMOS FACER UNHA HOMENAXE A SADAKO SASAKI, NENA XAPONESA QUE QUEDOU EXPOSTA AO BOMBARDEO ATÓMICO CONTRA CIVÍS EN HIROSHIMA (1945).

SEGUINDO A LENDA XAPONESA DAS MIL GRÚAS DE ORIGAMI , SADAKO DISPÚXOSE A FACELAS PARA PEDIR O DESEXO  DA CURA DA SÚA ENFERMIDADE CAUSADA POLA RADIACIÓN

AS GRÚAS DE PAPIROFLEXIA, CONVERTÉRONSE NO SÍMBOLO DA PAZ EN XAPÓN.

PREVIAMENTE VISIONAMOS O VÍDEO E LEMOS O LIBRO NAS AULAS .
ENLACE VÍDEO : SADAKO Y LAS MIL GRULLAS DE PAPEL

mércores, 24 de xaneiro de 2018

EXPOSICIÓN DE LIBROS (PAZ 2018)

NA BIBLIOTECA DO CENTRO TEDES UNHA SELECCIÓN DE LIBROS QUE  SERVIRÁN  COMO RECURSO INTERESANTE PARA TRABALLAR A PAZ. SE DESEXADES ALGÚN OUTRO SOLICITÁDEO A ANA, COORDINADORA DA BIBLIO.

venres, 19 de xaneiro de 2018

FACEMOS ENTREVISTAS ( DOAZÓN DE XOGUETES)

CO FIN DE QUE O ALUMNADO TOME CONCIENCIA DAS DIFICULTADES POLAS QUE ATRAVESAN ALGUNHAS FAMILIAS E PRETENDENDO  FOMENTAR O VALOR DA SOLIEDARIDADE PROMOVEMOS DENDE O CENTRO  UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES EN COLABORACIÓN CON CARITAS E A PARROQUIA DE ORTOÑO. PARTICIPARON AS FAMILIAS, QUE TEÑEN TODO O NOSO RECOÑECEMENTO E AGRADECEMENTO.

                                
 

O ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA APROVEITOU ESTA ACTVIDADE PARA TRABALLAR A ENTREVISTA NAS AULAS, TOMANDO COMO GUÍA O MATERIAL OFRECIDO POR MÓNICA MUÑOZ E QUE LEVA POR TÍTULO:

AMOSAMOS A ENTREVISTA REALIZADA A :

- MARÍA SANZ RUÍZ DE CLAVIJO (VOLUNTARIA DE CÁRITAS)
-JOSÉ LUIS DORELLE IGLESIAS ( PÁRROCO DE BERTAMIRÁNS)


mércores, 17 de xaneiro de 2018

EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA DAS NOVIDADES E DO PROXECTO.

XA TEMOS A NOVA EXPOSICIÓN DE LIBROS RELACIONADOS CO PROXECTO

XOGOS DE AQUÍ E DE ACOLÁ

E DOS NOVOS FONDOS ADQUIRIDOS.

OS PAPÁS E MAMÁS PODEDES VELOS NO CORREDOR DA ENTRADA DO CENTRO OU  DARLLE LECTURA MENTRES AGARDADE A SAÍDA DOS NENOS/AS. 

ANIMAMOS AO PROFESORADO  E AO ALUMNADO A QUE LLE BOTE UNHA VISUAL PARA LOGO LEVALOS ÁS AULAS OU PARA A CASA.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN .

                           

venres, 12 de xaneiro de 2018

NOTICIEIRO :EXPOSICIÓN DE XOGUETES ANTIGOS

NA BIBLIOTECA DO CENTRO REALIZAMOS UNHA EXPOSICIÓN DE XOGUETES ANTIGOS COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS. ESTIVO ABERTA PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA AO LONGO DE 15 DÍAS.






ESTA EXPOSICIÓN SIRVEU COMO RECURSO PARA:

- TRABALLAR A LINGUAXE ORAL CO ALUMNADO

- TRABALLAR A EXPRESIÓN ESCRITA 

-REALIZACIÓN DE DESCRICIÓNS E NOTICIAS DE PRENSA NAS AULAS.

- PREPARACIÓN E REALIZACIÓN DE ENTREVISTAS.

DAMOS AS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA IMPLICACIÓN E VALORAMOS POSITIVAMENTE A EXPOSICIÓN QUE COMO BEN COMENTABAN O ALUMNADO:

 "FOI UNHA OPORTUNIDADE PARA QUE OS PEQUENOS/AS VEXAN OS XOGUETES QUE TIVERON OS SEUS PAIS E AVÓS"

AMOSAMOS UN VÍDEO DE PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN REALIZADO POLO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA.


luns, 1 de xaneiro de 2018

CALENDARIO 2018 XOGOS DE AQUÍ E DE ACOLA

XOGOS DE AQUÍ E DE ACOLA


 PARA CONFECCIONAR ESTE CALENDARIO  SEGUIMOS OS SEGUINTES PASOS:

  • O ALUMNADO, POR NIVEIS,  DESEÑOU CADA UNHA DAS IMAXES CORRESPONDENTES AOS MESES DO ANO. (CADA MES CORRESPONDE A UN NIVEL)  


  • UN EQUIPO DE PROFESORES/AS DO CENTRO FOI O ENCARGADO DE BUSCAR   DIFERENTES CITAS  MOI SIGNIFICATIVAS E  DE PROFUNDO CONTIDO   RELACIONADAS CO XOGO DE  DISTINTOS  AUTORES : TONUCCI,   KAY REDFIELD JAMISON, FRED ROGERS, DONALD WOODS WINNICOTT E PABLO NERUDA.


  • ESTAS FRASES FORON INSERTADAS NOS DIFERENTES TRABALLOS PRESENTADOS POLO ALUMNADO.


  • O  EQUIPO DE BIBLIOTECA, EN COLABORACIÓN COA DIRECCIÓN DO CENTRO E O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DE LINGUA GALEGA, E AS PROFESORAS DE P.T. E A.L PUXEMOS EN MARCHA A ELABORACIÓN DO CALENDARIO DE XOGOS 2018,  PARA AGASALLARLLO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA CON MOTIVO DAS FESTAS DE NADAL.
AGARDAMOS SEXA DO VOSO AGRADO.