O DÍA 23 DE OUTUBRO ABRIMOS A BIBLIOTECA. DURANTE ESA SEMANA TODO O ALUMNADO DO CENTRO PASOU POLA BIBLIOTECA PARA FACER A FORMACIÓN DE USUARIOS. LEOPOLDO ,A NOSA MASCOTA, VEU CARGADO DE XOGOS DE PISTAS PARA AXUDARNOS A SABER LOCALIZAR OS LIBROS NA BIBLIO, SEGUNDO A C.D.U. TAMÉN LEMBRAMOS AS NORMAS E COMO TEMOS QUE USAR OS MARCADORES. ISABEL REPARTEU OS CARNÉS A PROFES E NENOS/AS E FINALMENTE XA NOS DOU A ESPERADA MOCHILA PARA QUE EMPECEN A RULAR. ENCÁNTANOS LEVALA PARA CASA. A VER QUE SORPRESAS TRAE ESTE ANO, XA VEREMOS!
Páginas
▼
Páginas
▼
domingo, 29 de outubro de 2017
xoves, 26 de outubro de 2017
LECTURAS DE OUTONO
XA TEMOS PREPARADAS AS LECTURAS DO OUTONO. OS LIBROS ESTÁN EXPOSTOS NO CORREDOR DA ENTRADA. A NOS GÚSTANOS MOITO MIRALOS E ADEMAIS MENTRAS OS PAPÁS E MAMÁS AGARDAN DA SAÍDA DOS NENOS/AS TAMÉN PODEN DISFRUTAR DA SÚA LECTURA.
luns, 23 de outubro de 2017
domingo, 15 de outubro de 2017
ORIENTACIÓN EN E. FÍSICA
Este curso realizouse a actividade de Orientación de Ed. Física o día 10 de outubro no paseo fluvial de Bertamiráns co alumnado de 5º e 6º de Ed Primaria. Tomouse como base o proxecto do Centro
Neste caso comezouse traballando e informando nas clases de Ed. Física sobre os xogos populares (brilé, zancos, aro con guía, tabas, mariola, goma, trompos, corda, pano e petanca) xa que logo serían utilizados nesta actividade de orientación. Trátase de que o alumnado sexa quen de situarse no espazo traballando o plano. Na véspera agóchanse as dez imaxes do xogo traballado no paseo de bertamiráns. Por grupos, cun mapa coas distintas localizacións marcadas, os rapaces/as van saíndo cada cinco minutos realizando carreiras de orientación para buscalas e anotando, nunha tarxeta de control, o nome do xogo popular correspondente a cada pista.
xoves, 12 de outubro de 2017
FORMACIÓN DE USUARIOS PARA PROFES
E xa botamos a andar...
Este ano hai moito profesorado de nova incorporación no cole. Dende o Equipo de Biblioteca pareceunos que deberiamos facer una formación de usuarios para todo o profesorado. Isabel foi a encargada de explicar como a tiñamos organizada, a situación dos fondos nos andeis, as normas que rixen para que o alumnado colla o libro e sinalice o seu lugar cun marcador, o acceso a todos os fondos mediante o programa Meiga a través do blog, a C.D.U , a implicación do alumnado de 6º como Colaborador, a xestión de empréstitos e devolucións a través do programa así como os horarios e as horas de apertura. Aproveitou tamén para darnos os carnés a todo o profesorado.
Agora só queda baixar co alumnado e proceder á súa nova apertura, que faremos coincidir co Día das Bibliotecas Escolares.