Páginas

Páginas

domingo, 25 de xuño de 2017

EDUCARTE MEMORIA FOTOGRÁFICA

EDUCARTE

CO NOSO AGRADECEMENTO ESPECIAL  A CARMU, COORDINADORA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, QUE COA SÚA ILUSIÓN, RESPONSABILIDADE E TRABALLO FIXO QUE ESTE PROXECTO SE DESENVOLVERA AO LONGO DO CURSO 2016-17

MOITAS GRAZAS COMPAÑEIRA, POLA TÚA ENTREGA E POLA  DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR AO LONGO DESTES OITO ANOS.

EDUCARTE MEMORIA FINAL de Cristina Piñeiro Lorenzo

DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA QUEREMOS DAR AS GRAZAS A TODA A COMUNIDADE POLO INTERÉS AMOSADO NA REALIZACIÓN DESTE PROXECTO.

xoves, 22 de xuño de 2017

BIBLIOCONTORNA

BIBLIOCONTORNA

BOLETÍN ANUAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DA CONTORNA DE AMES CURSO 2016-17

Dende hai varios cursos, as bibliotecas dos centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria do Concello de Ames decidimos colaborar para coñecer o traballo e os proxectos  desenvoltos en cada un dos centros. Leváronse a cabo publicacións conxuntas como as edicións das GUÍAS DE LECTURA.

Este curso, ademais das guías de lectura, editamos de xeito conxunto un número especial que recolle algunhas das actividades salientables entre as levadas a cabo ao longo do curso.

luns, 19 de xuño de 2017

GUÍA DE LECTURA DE VERÁN

NESTA PRESENTACIÓN PODEDES VER OS LIBROS DE LECTURA  RECOMENDADOS POLA REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS DE AMES. 

LIBROS PARA LER Á SOMBRIÑA EN TEMPO DE LECER


domingo, 18 de xuño de 2017

LAVANDEIRAS MANUEL COLMEIRO TRABALLO DO ALUMNADO EDUCARTE

AMOSAMOS O TRABALLO QUE REALIZAMOS OS ALUMNOS/AS DE 3º B SOBRE O CADRO       LAVANDEIRAS DE MANUEL COLMEIRO
SE QUERES DESCARGAR O PROXECTO CLICA EN ENLACE

sábado, 17 de xuño de 2017

PROXECTO:QUE ARTE TEN ESTE CORPO

PROXECTO:QUE ARTE TEN ESTE CORPO

PROXECTO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 4 ANOS SOBRE O CORPO E A ARTE.

venres, 16 de xuño de 2017

MOZA LENDO (RENOIR) PROXECTO EDUCARTE

O ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA FIXEMOS VARIAS PRESENTACIÓNS MULTIMEDIA SOBRE O AUTOR RENOIR E O CADRO TRABALLADO  "MOZA LENDO"

xoves, 15 de xuño de 2017

EDUCARTE TRABALLO DO ALUMNADO A TENDA CARLOS MASIDE

Este   proxecto enmárcase dentro do proxecto 
EDUCARTE deseñado pola Biblioteca Escolar do C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO  para o curso 2016-17. Pretendemos  dar resposta aos intereses e necesidades dos nosos alumnos e alumnas, baseados  na cultura visual que tanto inflúe neles actualmente. Por iso, é necesario que desde a escola axudemos aos nenos e nenas a analizar e comprender as imaxes,e educar ao noso alumnado no gusto estético e no goce das obras de arte, partindo da lectura de imaxes, da expresión das súas ideas e da creación dunha opinión persoal fronte a calquera acontecemento cultural.

     A TENDA                         CARLOS MASIDE

mércores, 14 de xuño de 2017

MIRÓ

MIRÓ

PROXECTO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 4º DE ED. PRIMARIA SOBRE MIRÓ.