Páginas
▼
Páginas
▼
luns, 31 de outubro de 2016
O MEDO
AMOSAMOS O TRABALLO REALIZADO SOBRE O MEDO. OS MEDOS DE TODOS OS NENOS FORON METIDOS EN MALETAS PARA CONXURALOS, BOTALOS CARA FÓRA E LIBERARSE FINALMENTE DISO QUE TANTO LLES ATERRA. HAI QUE VER CANTOS MEDOS TEÑEN OS NENOS/AS: Á MORTE, A ESCURIDADE, Á PERDA DA FAMILIA, Á SOEDADE, AOS BICHOS, AOS SOÑOS E PELIS DE MEDO... O MEDO, MEDO É . O ALUMNADO DE 6º ELABOROU CONTOS DE MEDO. OS LIBROS DE MEDO QUE TEMOS NA BIBLIOTECA TAMÉN OCUPARON UN ESPAZO NO CORREDOR. E COMO NON , LOGO RETRATÁRONSE CON EXPRESIÓNS DE MEDO NA REPRODUCIÓN DO CADRO DE "EL GRITO" DE Edvard Munch
domingo, 9 de outubro de 2016
EDUCARTE PROXECTO 2016-17
EDUCARTE
APRENDEMOS CAMIÑANDO :
Ao longo de todo o curso desenvolverase este proxecto multidisciplinar sobre a arte.
Traballaremos sobre pintura e escultura así como profesións, museos…
Este proxecto servirá como centro das diferentes actividades que se leven a cabo por parte do
profesorado a nivel de aula, equipos docentes ou nos equipos de traballo, e serán incluídas nas
diferentes programacións.
Será o núcleo sobre o que xirarán ás diferentes actividades e propostas escolares para o curso
2016-2017.
Procuraremos que toda a comunidade escolar (alumnado, profesorado, persoal non docente,
nais e pais, servizo de comedor, concello…) comparta este proxecto e participe activamente en
todas as actividades que se desenvolvan.
As conmemoracións celebradas no ámbito escolar xirarán ao redor deste proxecto central,
propoñendo unha temática uniforme para as diferentes actividades.
Durante o presente curso seguiremos a traballar en diferentes tipoloxías de texto, os cales serán
abordados en todas as aulas.
O equipo de Biblioteca estará coordinado con todos os equipos do centro: E.D.L.G. , TICS,
Extraescolares, e Voz Natura.