Páginas

Páginas

sábado, 30 de abril de 2016

BENVIDO PRINCIPIÑO

O PRINCIPIÑO 





   Dentro do Plan Lector do curso 2015-16 propuxémonos traballar O PRINCIPIÑO en todas as aulas do Centro dende 3 anos ata 6º de Ed Primaria.

   Dende a Biblioteca Escolar  do Centro ofrecéronse  diferente libros adaptados aos distintos niveis para realizar esta tarefa nas aulas, así como unha recompilación de páxinas web nunha entrada específica do blog AGROBIBLIO.

   Logo da súa lectura, resumida, por capítulos oU completa cada aula debería facer unha recreación sobre este libro de lectura.

   Algunhas aulas decidiron realizar un texto refundido narrado polos alumnos/as e crear unha película, na que os personaxes eran os propios nenos-as. outras realizaron creativamente un novo capítulo adaptado as tecnoloxías do tempo que estamos a vivir, outras fixeron un kamishibai, teatros de monicreques en colaboración co profesorado de Ed Física, estudo dos personaxes, dos Planetas que visitaba, ou recreacións plásticas de frases célebres ou escenas que lle chamaron moito a atención. tamén contamos coa colaboración das familias nalgunha aula de Ed. Infantil.

  Se tedes intención de ver o producto final animámosvos a visionar os vídeos.



                                 



O PRINCIPIÑO NA NINTENDO 3DS


venres, 29 de abril de 2016

ANIMACIÓN Á LECTURA : CONTACONTOS ALUMNADO

A VERDADEIRA HISTORIA DOS SETE CABRITIÑOS E O LOBO

O alumnado de 6º, con moita cretividade, versiona o conto " LOS SIETE CABRITOS Y EL LOBO" e transfórmao en :

"A VERDADEIRA HISTORIA DOS SETE CABUXIÑOS E O LOBO"

para darllo a coñecer ao alumnado de Ed.Infantil do noso Centro.

Os nosos parabéns por este estupendo traballo, rapazas.


          

xoves, 28 de abril de 2016

JOSEFINA LING NO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

JOSEFINA LING



"EN TODAS AS ÉPOCAS DA HISTORIA ENCONTRÁMONOS CON ASTRÓNOMAS QUE ADICARON OS DÍAS E AS NOITES AO ESTUDO DOS CORPOS CELESTES"




VÍDEO DA VISITA

                    

  TEXTO REDACTADO POLO ALUMNADO DE 5º CO GALLO DA VISITA DE JOSEFINA LING AO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

                   Josefina Ling  é unha muller licenciada en matemáticas na universidade complutense de Madrid, que agora mesmo é astrónoma do observatorio astronómico do  Ramón María  Aller e profesora titular do departamento de matematiaca Aplicada da facultade de matemáticas da USC. Membro da comisión 26 de Estrelas Dobres e Múltiples da unión astronómica internacional e Conselleira Científica da Sociedade Astronómica de Francia.

ASÍ NOS ENTUSIASMOU


O día 27-4-2016 Josefina Ling veu ao cole de Agro do Muíño para contarnos aos nenos e nenas de 5º e  6º de primaria moitas cousas sobre o universo debido a que o tema da escola deste curso vai sobre iso. Unha desas historias que nos contou foi esta:

                      "O primeiro  observatorio astronómico de Galicia abriuse aos ministerios do universo o 27 de septembro de 1943 fai 70 anos.O edificio,coa máxica cúpula branca entre o verde do que agora se coñece como  Campus Sur de Compostela, fóra un logro de Ramón María Aller, o astrónomo aficionado do  Deza do que herdou o seu nome. Nos primeiros anos da súa posta en marcha, unha muller que superaba os 30 anos asomábase ao basto espazo dende os telescopios do lugar  absorbendo o coñecemento do mentor. Era Antoñita, Antonia Ferrín Moreiras (O Carballiño, 1914-Santiago, 2009), a que sería “A colaboradora máis fiel, disciplinada e  meticulosa" de Aller. Foi ela  estudante  e profesora universitaria que acabaría firmando un hito para as  ciencias en Galicia: realizar  fai 50 anos a  primeira tese lida na facultade de Matemáticas da  Universidade de Santiago.

Dita tese – a primera sobre Matemáticas e Astronomía en Galicia- versaba sobre as observacións  dos pasos das estrelas  por dúas verticais, e a convertiu na primeira astrónoma de Galicia, recorda José Angel Docobo, actual director do Observatorio Compostelano, quen  destaca a súa lucidez e memoria. O propio María Aller, quen  a  introduxera na  astronomía nos anos 40 recén  aberto o  Observatorio Astronómico,dirixiu o doctorado de Ferrín.

                         Como esta historia contounos moitas que nos gustaron e interesaron moitísimo.
                     
 Cando ía marchar, unha profesora chamada Luisa, fixolle a entrega dun diploma conforme foi a Faladoiros do Muiño, gustoulle moito e púxose contentísima pero todavía faltaban maís agasallos:uns pendentes de lúa e un colar moi bonito.
                          

luns, 4 de abril de 2016

UNIVERSO DE POEMAS

Durante todo o mes de marzo o alumnado do Centro preparou diferentes poemas nas aulas.

Este curso a maioría estiveron relacionadas co Universo por ser o eixo do Proxecto Interdisciplinar do Centro.

Logo de preparalas nas aulas expuxémolas nunha árbore no corredor principal do Centro para lectura e disfrute de toda a Comunidade Educativa.




Durante unha quincena, na volta do recreo, fixemos un intercambio de recitados entre as diferentes aulas.

É unha experiencia que levamos repetindo curso tras curso porque resulta moi gratificante e enche de satisfacción aos nenos/as.

Amosamos dous vídeos que amosan o recitado dalgúns poemas traballados






Se desexas ver o recitado dos poemas de Ed Infantil clica nos seguintes enlaces:

                                  - RECITADO DE POESÍAS

                                  -SEMANA DA POESÍA