Páginas

Páginas

xoves, 17 de decembro de 2015

GUÍA DE LECTURA DE NADAL 2015

A Rede de Centros Públicos Escolares do  Concello de Ames decidimos editar conxuntamente unha Guía de Lecturas para o Nadal. Agardamos que sexa orientativa á hora de mercar novos libros de lectura. 

GUÍA DE NADAL 2015

mércores, 2 de decembro de 2015

SEMANA DA CIENCIA

SEMANA DA CIENCIA

 Se queremos transformar a práctica do ensino-aprendizaxe das 
C Naturais é preciso introducir nas nosas aulas estratexias de aprendizaxe coma a observación guiada. O  alumnado mergúllase na ciencia a través da observación, da experimentación, da manipulación de materiais, na discusión de ideas, faise preguntas...e ao mesmo tempo  aproveitamos para traballar a oralidade na exposición dos seus traballos e experiencias.

En colaboración coas familias desenvolvemos no Centro unha SEMANA DA CIENCIA. O alumnado preparou diferentes experimentos científicos coa súa familia que logo expuxeron nas aulas aos demais compañeiros-as.  
Amosamos uns vídeos representativos de dita actividade.

                                           

luns, 30 de novembro de 2015

ALINÍXENAS E EXTRATERRESTRES (TEXTO DESCRITIVO)

TEXTO DESCRITIVO. EXTRATERRESTRES E ALIENÍXENAS


É xa habitual traballar o texto descritivo no 1º trimestre do cada curso escolar.

Este curso vai adicado aos alieníxenas e extraterrestres. O alumnado creou o seu propio alieníxina e logo describeuno.

Nos últimos días do mes de novembro realizamos unha exposición dos traballos nos corredores do Centro.

O alumnado de 3 anos de Ed Infantil, realizou na aula un boceto dun alieníxena, que logo levaron ás casa e conxuntamente coas súas familias realizárono plásticamente utilizando materiais de refugallo e outras técnicas.

Amosamos vídeo de todo o traballo realizado.


                     

sábado, 28 de novembro de 2015

NEIRA VILAS


"SEMPRE PRESENTE A TRAVÉS DAS SÚAS PALABRAS"



A súa obra é imperecedeira, de obrigada lectura para futuras xeracións.

 Sabía que a literatura nos tempos que corrían non podía ser a única ferramenta para galeguizar o país.



“En galego, agora e sempre” editado en 2002, escribíu:

 “No canto de bens materiais, que non teño, deixo a paisaxe desta comarca do val do Ulla, onde nacín, tras longo canear por América; deixo as cancións e os romances, os mitos e as lendas que aprendín dende o berce e que inzaron o meu ser; deixo o murmurio do río e os ecos da fala herdada, nesa lingua que amo e utilizo como medio insubstituible para a miña comunicación cos demais, e que forma parte esencial do meu patrimonio como fillo desta terra”.

domingo, 1 de novembro de 2015

SAMAÍN 2015

CONTANDO SEMPRE COA COLABORACIÓN  DAS FAMILIAS, PROPÚXOSE QUE O TRABALLO PLÁSTICO SOBRE O SAMAÍN XIRASE ARREDOR DO PROXECTO DE CENTRO
 "UNIVERSO DE PALABRAS" .

SEMPRE NOS SORPRENDEN COA SÚA CAPACIDADE CREATIVA.

AMOSAMOS NESTE VIDEO AS REALIZACIÓNS ARTÍSTICAS RELACIONADAS CO UNIVERSO, QUE LEVARON A CABO, TENDO COMO PROTAGONISTA A CABAZA.


                    

 EN COLABORACIÓN COA ANPA DO CENTRO REALIZAMOS UNHA FESTA NOCTURNA PARA A CELEBRACIÓN DO SAMAIN . AS FAMILIAS APORTARON DELICIOSAS COMIDAS REALIZADAS CON CABAZA E PRODUCTOS TÍPICOS DESTA CONMEMORACIÓN. FOI UNHA SENSACIONAL XORNADA DE CONVIVENCIA, QUE A CHUVIA DESE DÍA NON PUIDO DESLUCIR. AGRADECEMOS DENDE AQUÍ O TRABALLO REALIZADO POLOS PAIS/NAIS E POLO PROFESORADO PARA PODER FACELO REALIDADE.

                                           SAMAÍN FAMILIAS 2015 on PhotoPeach



martes, 20 de outubro de 2015

PROXECTO UNIVERSO DE PALABRAS (EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA)

OLLADE, OLLADE TODAS AS NOVIDADES QUE TEMOS PREPARADAS PARA O PROXECTO DO UNIVERSO. PRONTO COMEZARÁN A VIAXAR POLAS AULAS.

domingo, 18 de outubro de 2015

APERTURA DA BIBLIOTECA

COINCIDINDO COA SEMANA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES INICIOUSE O FUNCIONAMENTO ORDINARIO DA BIBLIOTECA DO CENTRO

O ALUMNADO RESPONDEU DE FORMA MOI POSITIVA PARTICIPANDO ACTIVAMENTE DENDE OS PRIMEIROS MOMENTOS

AGORA XA A COUSA ESTÁ MÁIS RELAXADIÑA ASÍ QUE TODOS TEREDES A VOSA OPORTUNIDADE.

BOAS LECTURAS NOS COMETAS, NAS ESTRELAS...ONDE MÁIS VOS GUSTE.



martes, 6 de outubro de 2015

UNIVERSIFAMILIATE : ACTIVIDADES PARA COMPARTIR EN FAMILIA

Esta é a primeira actividade que imos desenvolver dende a Biblioteca Escolar e na que como sempre queremos compartir coas familias do noso alumnado.
Ao longo desta semana enviarásevos unha ficha para que axudedes aos máis cativos a completala. Pedirásevos que lle axudedes a cubrir a súa data de nacemento e que busquedes información na súa compañía para asociala á  súa constelación zodiacal e realizar o seu debuxo.
Partindo do voso traballo e con  motivo do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES  todo o alumnado do Centro realizara un mural universal no que irán asociando o seu nome, coa data do seu nacemento e a súa constelación zodiacal. Logo compartirémolo no corredor da planta baixa do Centro.

Deixámosvos UNS VÍDEOS  para poder buscar esa información


domingo, 4 de outubro de 2015

UNIVERSO DE PALABRAS

UNIVERSO DE PALABRAS

Marabilloso título do proxecto que traballaremos al longo do curso 2015-16. Cando os cativos visionan o noso  planeta dende o espazo, na inmensidade do Universo, sorpréndese ao velo tan pequeniño. "Que pequeniño é" comentan. E nembargantes, que grandes nos vemos na nosa evolución. Isto mesmo sucede co proceso da lectura nas aulas. Se botamos a vista atrás e pensamos do lugar no que partimos, aqueles inicios de trazos garabeteados das importantes letras que compoñen os nosos nomes, os nomes dos compañeiros/as de aula de 3 anos, os dos familiares máis queridos..., logo a idea de ler as primeiras palabras e posteriormente decatarnos do que significan, se lembramos aquelas primeiras lecturas de contos contados con tanto agarimo pola mamá, papá, profes...que só podiamos escoitar e ver as imaxes e que máis tarde eramos quen de lelos soiños, decatámonos de que tamén nós eramos "tan pequeniños" neste UNIVERSO DE PALABRAS e de lecturas que aínda nos quedan por coñecer.

martes, 30 de xuño de 2015

MEMORIA FOTOGRÁFICA BOCADIÑOS DE PALABRAS

AMOSAMOS EN MEMORIA FOTOGRÁFICA O TRABALLO REALIZADO DURANTE O CURSO 2014-15 QUE TIVO COMO EIXO O TEMA DA ALIMENTACIÓN.
ESTE TRABALLO FOI COORDINADO POLA BIBLIOTECA ESCOLAR DO CENTRO E REALIZADO GRAZAS Á COLABORACIÓN DE TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA. DENDE AQUÍ OS NOSOS PARABÉNS POR TODO O INTERESE E  A IMPLICACIÓN AMOSADA  AO LONGO DO CURSO.


mércores, 3 de xuño de 2015

DRAMATIZACIÓN DE CONTOS NA ED. FÍSICA (BOCADIÑOS DE PALABRAS)


O PROFESORADO DE ED. FÍSICA TRABALLOU CO ALUMNADO DE 3º OS CONTOS.

LOGO DE INVESTIGAR EN  CONTOS OU HISTORIAS RELACIONADAS COS ALIMENTOS, O ALUMNADO CREOU  PEQUENAS OBRAS DE TEATRO BASEADAS NOS TEXTOS NARRATIVOS PREVIAMENTE BUSCADOS

FINALMENTE REPRESENTÁRONAS PARA O ALUMNADO DE ED. INFANTIL.

NESTE ISSUU QUE VOS AMOSAMOS ESTÁ RECOLLIDO A EXPLICACIÓN, O PROCESO DO TRABALLO E O PRODUTO FINAL.



UNS VIDEOS DALGUNHA DAS OBRAS CREADAS E REPRESENTADA.

A POCIÓN DA MALA VIDA


                            


O NENO E O REPOLO

                             

xoves, 28 de maio de 2015

A OBESIDADE INFANTIL

Ola chámome Lucía López, son unha alumna de 6ºA e son a encargada de subir oa blog da biblioteca un traballo que fixemos Alexandra, Laura, Guillermo, Óscar e máis eu, sobre a obesidade infantil. En primeiro lugar repartimos a información que tiña que buscar cada un. Logo xuntamos toda a información e asegurámonos de que era certa. A continuación traducimos a información de castelán a galego e redactámola ordenadamente. Finalmente revisamos os textos para non ter fallos ortográficos. Buscamos algunhas fotografias para ilustrar a información. Fixemos unha presentación multimedia do traballo en power point. Agardamos que vos guste e vos achegue un pouco máis a este tema tan importante. 


           

domingo, 24 de maio de 2015

ESTUDO DE DIFERENTES ALIMENTOS

O ALUMNADO DE 5º B REALIZOU UN ESTUDO SOBRE OS SEGUINTES ALIMENTOS:

  • CACAO EN PO
  • XAMÓN SERRANO
  • O CHOURIZO
ELABOROUSE EN PEQUENOS GRUPOS DE TRABALLO.



sábado, 23 de maio de 2015

PROXECTO "CÓNTAME UN CONTO"

" NON HAI ESPECTÁCULO MÁIS FERMOSO QUE A MIRADA DUN NENO QUE LE"

(GÜNTER GRASS, PREMIO NOBEL DE LITERATURA 1999)

TODOS AO LONGO DAS NOSAS VIDAS GOZAMOS DUN CONTO, DUN MOMENTO MÁXICO TRAÍDO DA MAN DUN SER QUERIDO. POR ISO NINGUÉN DUBIDA DA IMPORTANCIA DE CONTARLLES CONTOS AOS PEQUENOS. PRECISAMENTE POR ESA MAXIA E POR SER O TEXTO MÁIS PRÓXIMO A ESTAS IDADES, ESTE ANO LEVAMOS A CABO DENDE P.E.L.O. O PROXECTO "CONTAME UN CONTO"

venres, 22 de maio de 2015

ENFERMIDADES E ALERXIAS ALIMENTARIAS (ALUMNADO DE 6ºB)

OLA, CHÁMOME ANDREA PRIETO, ALUMNA DE 6ºB . ESTE ANO NO MEU COLEXIO ESTAMOS FACENDO UN PROXECTO CHAMADO BOCADIÑOS DE PALABRAS QUE ESTÁ RELACIONADO COA ALIMENTACIÓN. 
A NOSA PROFESORA PROPÚXONOS FACER VARIOS PROXECTOS RELACIONADOS CO TEMA DESTE CURSO. NO MEU GRUPO ESTÁBAMOS: ELVIRA SUBIELA, CANDELA QUINTÁNS, DANI RODIÑO, E EU. ESCOLLEMOS AS ENFERMIDADES E ALERXIAS ALIMENTARIAS, PORQUE EU SON ALÉRXICA AO LEITE E A MIÑA COMPAÑEIRA CANDELA TEN HIPERTENSIÓN. 
PARA FACER O TRABALLO, REPARTIMOS AS TAREFAS: UNS BUSCABAN INFORMACIÓN, OUTROS A PASABAN, OUTROS BUSCABAN VIDEOS E FOTOS RELACIONADAS.
CON TODA A INFORMACIÓN FIXEMOS A PRESENTACIÓN.
AQUÍ VOLA DEIXAMOS.  AGARDAMOS QUE VOS GUSTE:

                   

xoves, 21 de maio de 2015

CONSUMO DE FROITAS E VERDURAS NO 3º NIVEL DE ED. PRIMARIA

Dentro do proxecto BOCADIÑOS DE PALABRAS o alumnado de 3º de Ed. Primaria realizou un traballo de investigación sobre o consumo de froitas e verduras no 3º nivel de Ed.Primaria.

mércores, 20 de maio de 2015

ELABORACIÓN DO XAMÓN SERRANO

OLA, CHÁMOME INKA SOUTO E SON A ENCARGADA DE FACER ESTA ENTRADA EN REPRESENTACIÓN DA MIÑA AULA ( 5ºA)
O PROXECTO DESTE ANO DO NOSO CENTRO TRATA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE.
O NOSO GRUPO ESCOLLEU O XAMÓN SERRANO PORQUE PENSABAMOS QUE TIÑA MOITA INFORMACIÓN.
DENTRO DO GRUPO REPARTIMOS O TRABALLO:
UNS BUSCABAN INFORMACIÓN, OUTROS AS IMAXES E OS DEMAIS MEMBROS O PASABAN A GALEGO.
CANDO XA ESTABA REMATADO O PROFE REVISOUNOS O TRABALLO CO FIN DE MELLORALO.
FINALMENTE FIXEMOS A PRESENTACIÓN QUE VOS MOSTRAMOS E QUE AGARDAMOS QUE VOS SERVA DE INFORMACIÓN E QUE VOS GUSTE.


                      

martes, 19 de maio de 2015

TEATRO: O RESTAURANTE FARRUCO


















O ALUMNADO DE 6º PREPAROU NA AULA A OBRA

  "O RESTAURANTE FARRUCO"

DE CHUS PEREIRO PARA SER REPRESENTADA NO ACTO DE CONMEMORACIÓN DO

DÍA DAS LETRAS. NESTE VIDEO RECÓLLESE UNHA MOSTRA DE DIFERENTES ESCEAS

DA OBRA REPRESENTADA.

 NORABOA, RAPACES.



                                

luns, 18 de maio de 2015

ACTIVIDADES MUSICAIS NO DÍA DAS LETRAS.

CON MOTIVO  DA CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS A PROFESORA DE ED. MUSICAL TRABALLOU CO ALUMNADO DIFERENTES CANCIÓNS RELACIONADAS CO PROXECTO "BOCADIÑOS DE PALABRAS"
PREPAROU UNHA COREOGRAFÍA SOBRE O NACEMENTO DUNHA PLANTA.

                                    

 ENSAIOU COS NENOS AS SEGUINTES CANCIÓNS:
  • MEU O MUNDO É
  • EN GALEGO FALO
  • MANOLA
  • TODO NATURAL 



domingo, 17 de maio de 2015

AS ALERXIAS ( BOCADIÑOS DE PALABRAS) P.D.I.


Son Lucía González unha alumna de 6º de primaria.
 Este curso o proxecto do colexio é Bocadiños de Palabras. Na nosa aula decidimos traballar os problemas que poden causar os alimentos( alerxias) ou enfermidades causadas por unha mala alimentación( bulimia, obesidade, anorexia...)
Un grupo formado por Iria Dopazo, Hugo Martínez e máis eu, logo de buscar información na rede decidimos facer unha presentación en Prezi sobre as alerxias.
Se clicades no seguinte enlace poderedes ver o resultado.
Desexamos que vos guste

venres, 15 de maio de 2015

BOCADIÑOS DE PALABRAS TAMÉN EN INGLÉS

Conxuntamente o profesorado de Lingua Extranxeira, o profesorado de Ed.Musical e o profesorado e Ed. Física presentaron esta coreagrafía con letra sobre os alimentos. Foi interpretada polo alumnado de 2º para todos os demais alumnos/as do colexio.


 

xoves, 14 de maio de 2015

CONTAMOS OS ALUMNOS/AS

 SOMOS OS ALUMNOS/AS DE 1º E QUERÉMOSVOS COMENTAR  QUE LOGO DE CREAR E ILUSTRAR OS NOSOS CONTOS,  CONTÁMOLOS A OUTROS NENOS/AS DO COLE NA HORA DE LER, SEGUNDO O CALENDARIO SEMANAL ESTABLECIDO POLO EQUIPO DA BIBLIOTECA. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.


mércores, 13 de maio de 2015

CONTOS QUE ALIMENTAN (BOCADIÑOS DE PALABRAS)


ESTES SON ALGÚNS DOS CONTOS ELABORADOS POLO NOSO ALUMNADO NO PROXECTO CONTOS QUE ALIMENTAN  DENTRO DE BOCADIÑOS DE PALABRAS

SE QUEREDES VELOS CLICADE NAS PORTADAS OU NOS ENLACES

 

A AVENTURA DE ALLIÑO





martes, 12 de maio de 2015

CONTOS QUE ALIMENTAN

Ao longo do curso traballamos nas aulas os contos. Propúxose que a ser posible os contos, elaborados polo alumnado, tivesen como protagonistas OS ALIMENTOS.
Participou todo o alumnado de todas as aulas de Ed Infantil e de Ed. Primaria.
Logo na HORA DE LER, e durante a primeira quincena de maio,  fixemos uns contacontos  nos que os alumnos/as contábanlle aos seus compañeiras os CONTOS elaborados por eles mesmos. Neste momento están todos expostos no corredor do Centro para que poidan disfrutar deles todos os membros da Comunidade Educativa.
Amosamos unha presentación das portadas dalgúns dos realizados.



xoves, 7 de maio de 2015

DIVERMATES: COMO MOLAN!

FOI UN OBXECTIVO DO EQUIPO DE BIBLIOTECA PARA O PRESENTE CURSO ADQUIRIR PARA OS FONDOS DA BIBLIO UNHA SELECCIÓN DE LIBROS E DE XOGOS MATEMÁTICOS.CREMOS QUE OFRECEN MÚLTIPLES POSIBILIDADES PARA O ALUMNADO ENTRE AS QUE DESTACAMOS AS SEGUINTES:


ACTIVAN A SÚA PROPIA CAPACIDADE MENTAL.

EXERCITAN A SÚA CREATIVIDADE

REFLEXIONAN SOBRE O SEU PROPIO PROCESO DE PENSAMENTO

DIVIRTENSE COA SÚA PROPIA ACTIVIDADE MENTAL

ASUMEN AS REGRAS DO XOGO

ACHÉGANSE AO UNIVERSO MATEMÁTICO A TRAVÉS DE LIBROS DE FICCIÓN

FOMENTAN O DESENVOLVEMENTO DUNHA LECTURA REFLEXIVA

MELLORAN A SÚA ACTITUDE E MOTIVACIÓN CARA AS MATEMÁTICAS 



luns, 27 de abril de 2015

ALICIA BORRÁS NATA Y CHOCOLATE



A AUTORA ALICIA BORRÁS VISITOU O NOSO CENTRO PARA INTERCAMBIAR OPINIÓNS SOBRE A LECTURA DOS LIBROS NATA Y CHOCOLATE Y NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLE, QUE TRATAN SOBRE O ACOSO ESCOLAR E A VIOLENCIA DE XÉNERO. ESTES LIBROS FORMAN PARTE DO ITINERARIO LECTOR DO NOSO CENTRO PARA O ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA. FOI UNHA EXPERIENCIA MOI PRODUTIVA



domingo, 26 de abril de 2015

SEMANA DA PRENSA: O NOSO XORNAL

AO LONGO DE TODO O CURSO O ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA TRABALLA A PRENSA NA AULA.
COMENTAN AS NOTICIAS MÁIS RELEVANTES E FAN UN ESTUDO DE TODAS AS SECCIÓNS DO XORNAL.
AO MESMO TEMPO ELABORAN AS NOTICIAS PERIODÍSTICAS MÁIS RELEVANTES SUCEDIDAS NO NOSO CENTRO, FACENDO UN COMENTARIO DE MOITAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO NO CENTRO DURANTE O CURSO.
CO GALLO DA SEMANA DA PRENSA EXPÓÑENSE NOS CORREDORES DO CENTRO.
NORABOA RAPACES/AS POR TANTO TRABALLO TAN BEN ELABORADO E FEITO CON TANTO AGARIMO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.



xoves, 23 de abril de 2015

JACOBO FERNÁNDEZ VISITA O NOSO CENTRO

FOI MOI AGARDADA A VISITA DE JACOBO FERNÁNDEZ AO NOSO CENTRO.
O ALUMNADO DE 1º e 2º TIÑA DISFRUTADO MOITO COAS AVENTURAS DE MARCOPOLA, QUE FIGURAN NO ITINERARIO LECTOR DO NOSO CENTRO,  DESEXABAN COÑECER AO SEU AUTOR E FALAR CON ÉL. COMENTOULLES COMO ESTRUCTURABA O RELATO E AS VIÑETAS DA BANDA DESEÑADA E A IMPORTANCIA DA CREATIVIDADE NESTE TRABALLO E DE RECIBIR TAMÉN PROPOSTAS DOS NENOS/AS, OS SEUS MELLORES LECTORES. AO REMATE FIRMOULLE O LIBRO A TODOSOS NENOS/AS.



martes, 14 de abril de 2015

MARCOPOLA E JACOBO FERNÁNDEZ

DENTRO DO ITINERARIO LECTOR DO NOSO  CENTRO DECIDIMOS LER OS LIBROS DE MARCOPOLA NOS CURSOS DE 1º, 2º, 3º DE ED. PRIMARIA.


O DÍA 21 DE ABRIL VIRÁ AO NOSO CENTRO  O SEU AUTOR JACOBO FERNÁNDEZ, ILUSTRDOR, PINTOR E AUTOR DE BANDA DESEÑADA , POR DEFERENCIA DA EDITORIAL XERAIS..


luns, 13 de abril de 2015

EDUARDO GALEANO

"IN MEMORIAM"

      GALEANO, SEMPRE GALEANO, 


M


PARA LER E COMENTAR NAS AULAS :    
         
           CLICA :      EL LIBRO DE LOS ABRAZOS

sábado, 4 de abril de 2015

FROITOPOEMAS EN MARZO: MES DA POESÍA

AO LONGO DE TODO O MES DE MARZO TODO O ALUMNADO DO CENTRO TRABALLOU A POESÍA NAS AULAS. COMO O PROXECTO DESTE CURSO ESTÁ RELACIONADO COA ALIMENTACIÓN 

"BOCADIÑOS DE PALABRAS" 

DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA PROPÚXOSE QUE OS POEMAS IDEADOS POLO ALUMNADO TIVERAN COMO EIXE CENTRAL AS FROITAS E AS ÁRBORES FROITEIRAS.UNHA VEZ REMATADO O TRABALLO ELIXIUSE UNHA FROITO-POEMA REPRESENTATIVO DE CADA AULA PARA EXPOÑER NO CORREDOR DO CENTRO


venres, 3 de abril de 2015

EXPER-I-CIENCIA CSIC

Amosamos a actividade realizada no noso Centro a cargo de Gabriel, químico que traballa no CSIC na Universidade de Vigo. Foi realizada co alumnado de 6º de Ed Primaria.



...
         


                        




martes, 31 de marzo de 2015

FALADOIROS NO MUÍÑO NA ED. INFANTIL

UNHA DAS ACTIVIDADES MÁIS BONITAS E DE MELLOR VALORACIÓN QUE TEMOS NO CENTRO SON

 OS FALADOIROS NO MUÍÑO 


ESTA ACTIVIDADE LÉVANA A CABO AS FAMILIAS DOS NEN@S. É UN MOMENTO PARA COMPARTIR, PARA ILUSIONAR, PARA EXPERIMENTAR. A DEMANDA É MOI GRANDE POIS A DISPOSICIÓN DAS FAMILIAS PARA ACHEGARSE AO CENTRO A CONTAR UN CONTO OU AS SÚAS PROPIAS EXPERIENCIAS É ENCOMIABLE. PREPARAN O CONTO, NORMALMENTE RELACIONADO CO PROXECTO, CON MOITO INTERÉS E LOGO SEMPRE TEÑEN UN AGASALLO PARA O ALUMNADO. DENDE O CENTRO AGRADECEMOS A VOSA COLABORACIÓN MOITÍSIMO PORQUE PENSAMOS QUE A TAREFA EDUCATIVA COMPARTIDA E COLABORATIVA É A QUE TEN OS RESULTADOS MÁIS PRODUTIVOS. NÓS AGRADECÉMOSLLE A SÚA VISITA CUN PEQUENO DIPLOMA PARA QUE LEMBREN A ILUSIÓN CON QUE FORON RECIBIDOS POLOS NEN@S E POLOS PROFES.


SE DESEXAS VER OS FALADOIROS NO MUÍÑO REALIZADOS NO SEGUNDO TRIMESTRE NA ED. INFANTIL  CLICA NOS SEGUINTES ENLACES:







DIPLOMA FALADOIROS NO MUÍÑO

xoves, 26 de marzo de 2015

AS RECEITAS DE COCIÑA

COCIÑA DIVERTIDA EN ED. PRIMARIA

COCIÑAMOS CON MAMÁS E AVOAS

 A mamá de Miguel de 1º B fixo polo Samaín cupcakes co alumnado de 1º. As cupcakes son como magdalenas que logo se decoran ao gusto de cada un. Neste caso a temática foi o Samaín, facendo cupcakes con formas terroríficas.

A avoa de Leire de 1º A fixo galletas de Nadal cos nenos e nenas. Cunha base de galleta cadaquen decorouna con motivos navideños.
Logo levaronas para casa.

PAN CON XAMÓN

O alumnado de 1ºB fixo na aula pan con xamón, que é unha comida do Nadal de Venezuela.




                COCIÑA DIVERTIDA EN ED. INFANTIL

CLARA, A NAI DE PABLO E BRAIS DE 4 ANOS B DELEITOU AOS NEN@S REALIZANDO NA AULA UN OBRADOIRO DE COCIÑA DIVERTIDA AO QUE LLE CHAMOU
OURIZO DE FROITAS

SE DESEXAS VELO, CLICA AQUÍ : ENLACE 

luns, 16 de marzo de 2015

PREMIADOS NO SORTEO DO CONCURSO DÍA DA MULLER

 ENTRE OS  100 NENOS/AS PARTICIPANTES,QUE CUMPLIRON AS BASES DO   CONCURSO "MULLERES MATEMÁTICAS" FORON AGRACIADOS/AS  NO SORTEO OS QUE A CONTINUACIÓN SE RELACIÓNAN:

1º CICLO : MELINDA INSUA MORETO (1ºB)
2º CICLO : CECILIA SEGADE FERGUS (4º B)
3º CICLO : ANDREA PRIETO MOURIZ (6º B)

ADEMAIS DOS ANTERIORES OBTIVERON PREMIO:

         LUCÍA E BRUNO (5ºB)


POLA EXPOSICIÓN E PRESENTACION DO TRABALLO 

"A MULLER E O TRABALLO NO CAMPO"

LEMBRADE QUE TEDES QUE COMUNICARLLO Á COORDINADORA DA BIBLIOTECA QUE VOS FARÁ ENTREGA DOS AGASALLOS.

DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA DÁMOSVOS A NORABOA A TODOS/AS POLA VOSO ENTUSIASMO E ANIMÁMOSVOS A SEGUIR PARTICIPANDO EN SUCESIVAS OCASIÓNS. "A SORTE É ASÍ, UNHAS VECES TOCA E OUTRAS NON"

domingo, 15 de marzo de 2015

CON ROSALÍA DE CASTRO NA MAÍA (VICTOR FREIXANES)

EMOCIONANTE ARTIGO DE VICTOR FREIXANES, POLO "SEU VENTO DE ALEGRÍA" .

DENDE A COMUNIDADE EDUCATIVA DO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO NON NOS QUEDAN MÁIS QUE PALABRAS DE AGRADECEMENTO POLAS SÚAS VERBAS TAN AGARIMOSAS, TAN PRECISAS E TAN CHEAS DE ENERXÍA.

VENTO NAS VELAS

Con Rosalía de Castro na Maía





01 de marzo de 2015. Actualizado a las 05:00 h.  (LA VOZ DE GALICIA) 25




Hoxe vai optimista. Era un vento de alegría: un paporroibo no peito, coma quen; peifoque, din por estas terras. Catro xeracións no escenario arredor dos versos de Rosalía o pasado 24 de febreiro. Primeiro os meniños e as meniñas dos colexios infantís do Milladoiro, que daba xenio velos, recitando a coro os versos aqueles de «as de cantar que chei de dar zonchos; as de cantar que chei de dar moitos». Escolanía de merlos, diría o poeta Rey Romero.
Logo, as mociñas e mociños de ensino primario, secundario e bacharelato dos colexios da Barouta, Ventín, Agro do Muíño, institutos de Milladoiro e Bertamiráns, todos do concello de Ames. De seguido (e especialmente emocionante) unha representación da xente que vén a nós dende outras terras: León, Euskadi, Venezuela. E para rematar, a voz do Clube de Xubilados, antes de dar paso ás cancións de Amancio Prada. Festa rachada. De cando en vez hai que ver as cousas destoutra maneira.
Certo que a situación é difícil. Certo que a lingua vive momentos atravesados, ameazada por cambios que afectan mesmo á nosa identidade como pobo (a nación dos galegos). Certo que esas mudanzas nalgúns casos son de carácter estrutural e están relacionadas con transformacións de dimensión case que planetaria (tecnolóxicas, económicas, políticas, psicolóxicas, sociais).
Certo que en moitos casos estas mudanzas poderían e deberían ser corrixidas, reconducidas ou aliviadas por accións de administración e goberno que botamos de falta. Pero ás veces entra un vento de alegría pola fiestra.
Hai algunhas semanas os académicos da RAG fomos agasallados en terras de Bergantiños polos amigos da Fundación Eduardo Pondal, nun acto de homenaxe ou lembranza ao cantor dos Pinos; e tamén alí un rebuldeiro coro de rapaciños e rapaciñas, bastantes deles por debaixo dos dez anos, cantáronnos os versos do poeta: «Eu nacín cabo de pinal espeso,/ eu nacín na pequena Ponteceso», que era a súa vila, a terra dos pequechos, a súa pequena patria, e alí estaban, animados polos seus mestres, algún deles aterecido de frío na mañá inverniza de febreiro, guindando globos de festa, engruñadiños nas súas bufandas, coas fazulas coloradas e cantando na lingua dos seus (de todos nós), «onde o Anllóns con nobre maxestade/ camiña ao seu destino derradeiro».
De cando en vez, repito, cómpre deixarse levar por este pulo de enerxía que respira ao noso arredor e que, nos traballos do cotián, non sempre vemos, ou non nos decatamos de que existe, malia atrancos e contradicións.
Os meniños e as meniñas de Ponteceso e do Milladoiro, estes últimos no corazón da Maía, memoria primeira de Rosalía, eran o alento da esperanza.
E os seus profesores e profesoras, que estaban detrás, xunto coas familias, poñendo as achegas extras dun traballo que non se paga con diñeiro, pois nace ou se alimenta da ilusión compartida, ou do convencemento de que a realidade existe porque a conquistamos todos os días, eles, os mestres, digo, ¡benzóns para todos eles!, seguen sendo o músculo impagable que move a máquina.

xoves, 12 de marzo de 2015

OS CONTOS: SECUENCIA DIDÁCTICA E CONCRECIÓNS PARA TODOS OS NIVEIS

COMO ASÍ O DECIDIMOS NAS DIFERENTES REUNIÓNS DE EQUIPOS DOCENTES E COORDINACIÓN O DEPARTAMENTO DO ORIENTACIÓN ELABOROU UNHA SECUENCIA DIDÁCTICA A FIN DE TRABALLAR O CONTO NAS AULAS DENDE A ED. INFANTIL ATA 6º DE ED. PRIMARIA. AGARDAMOS VOS SEXA DE AXUDA.


mércores, 11 de marzo de 2015

SEMANA DA MULLER

O ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA REALIZOU UN TRABALLO DE DOCUMENTACIÓN SOBRE  

 "A MULLER E O TRABALLO NO CAMPO"

 E REALIZARON DIFERENTES PRESENTACIÓNS

                     

AO LONGO DA SEMANA DO 9 AO 14 DE MARZO EXPOÑERANO NA BIBLIOTECA DO CENTRO A TODOS OS CURSOS DE ED. PRIMARIA NA HORA DE LER. DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA DÁMOSVOS A NORABOA POLO VOSO INTERÉS E ESFORZO.

CONCURSO


 VENDO A NECESIDADE DE QUE O ALUMNADO SE DETIVESE A LER OS TRABALLOS REALIZADOS EN MURAIS E CO OBXECTIVO DE QUE APRENDAN A BUSCAR INFORMACIÓN E POSTERIORMENTE RECOLLELA PLANIFICAMOS UN CONCURSO CUNHAS BASES MOI SINXELAS. DEBERÁN CONTESTAR UNHAS PREGUNTAS SOBRE O TRABALLO EXPOSITIVO DE 2 MULLERES MATEMÁTICAS GAÑADORAS DE IMPORTANTES PREMIOS E DE MULLERES MATEMÁTICAS AO LONGO DA HISTORIA. ESTAMOS MOI SATISFEITAS DA ACOLLIDA E DA PARTICIPACIÓN POLO QUE VOLVEREMOS A REPETILO EN PRÓXIMAS OCASIÓNS. NA VINDEIRA SEMANA PUBLICAREMOS OS GAÑADORES QUE SAIRÁN POR SORTEO.
 O ALUMNADO DE ED. INFANTIL ELABOROU UN TRABALLO DAS MULLERES MÁIS IMPORTANTES DAS SÚAS VIDAS : AS SÚAS MAMÁS

     

luns, 2 de marzo de 2015

LECTURAS DÍA DA MULLER

NESTE ISSUU, QUE PRESENTAMOS A CONTINUACIÓN, PODEDES VER AS LECTURAS QUE SE PROGRAMARON DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA PARA TRABALLAR COS NEN@S DURANTE A SEMANA DO 2 AO 10 DE MARZO PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER. ACHEGAMOS UN ENLACE A UN ARTIGO DE OPINIÓN DE MARISA MERCADO MERINO, SOCIÓLOGA E COORDINADORA DA LIGA ESPAÑOLA PROL DEREITOS HUMANOS E FEDERACIÓN ESPAÑOLA PROL DEREITOS HUMANOS PUBLICADO EN NOTICIAS DE NAVARRA PARA COMENTAR NAS AULAS DE 3º CICLO.

sábado, 28 de febreiro de 2015

ENCONTRO CON MANOLO RIVAS

A EDITORIAL XERAIS ORGANIZOU PARA VARIOS COLEXIOS DO CONCELLO, NA CASA DE CULTURA DE BERTAMIRÁNS, UN ACTO DE ENCONTRO CO ESCRITOR MANUEL RIVAS.FACEMOS UNHA BREVE RESEÑA A CONTINUACIÓN.


 



xoves, 26 de febreiro de 2015

TODOS SOMOS ROSALÍA


O día 24 de febreiro celebramos no noso Centro o Día de Rosalía. O Equipo de Normalización coa colaboración do equipo de Biblioteca propuxo plasmar en carteis e mural a proposta da A.E.L.G. " EU SON ROSALÍA". Participaron todas as aulas do Centro. Organizouse tamén un recitado interaulas de poemas de Rosalía e participamos cun grupo de alumn@s nos actos conmemorativos propostos polo Concello de Ames, que tiveron lugar na casa de cultura do Milladoiro.







AMOSAMOS UN VIDEO DO RECITADO INTERAULAS QUE RELIZARON OS NENOS/AS DE 3º B PARA O ALUMNADO DE ED. INFANTIL.


                  

SE QUERES VER AS IMAXES DOS ACTOS CONMEMORATIVOS DO COCELLO CLICA NO ENLACE: DÍA DE ROSALÍA 2015 CONCELLO DE AMES

xoves, 19 de febreiro de 2015

ENTROIDO 2015

COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA CELEBRAMOS O ENTROIDO NO COLEXIO. FOI UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS Á QUE ASISTIRON TODOS OS PAIS/NAIS QUE ASÍ O DESEXARON. CELEBRAMOS A FESTA CONXUNTAMENTE. OS NEN@S CANTARON CANTIGAS E REALIZARON DIFERENTES BAILES. OS PAIS/NAIS COLABORARON TRAENDO AO COLEXIO TODO TIPO DE DOCES ESPECÍFICOS E TÍPICOS DESTAS DATAS: FILLOAS, ORELLAS, ROSQUILLAS... PASÁMOLO XENIAL!!!!!

venres, 13 de febreiro de 2015

O MEL . DELICIOSO

COMO TODOS OS ANOS CELEBROUSE NA BIBLIOTECA DO COLEXIO UN OBRADOIRO DE MEL PARA OS NENOS/AS DE 4º NIVEL IMPARTIDO POR BEATRIZ RÍOS CEBREIRO DO CONSELLO REGULADOR DA INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA MEL DE GALICIA, ONDE SE LLE EXPLICOU: AS ABELLAS, O SEU TRABALLO, A ELABORACIÓN DESTE PRODUCTO, AS SÚAS PROPIEDADES E TAMÉN MOSTRÁRONLLE OS APARELLOS ESPECÍFICOS DESTA TAREFA. 
O NOSO AGRADECEMENTO.

SE DESEXAS SABER MÁIS CLICA NOS SEGUINTES ENLACES:

domingo, 8 de febreiro de 2015

FALADOIROS NO MUÍÑO ( CONFERENCIA: O LEITE)

BENJAMIN TOUCEDA , PAI DUNHA ALUMNA DE 5º DE ED. PRIMARIA, REALIZOU UNHA PRESENTACIÓN SOBRE O LEITE PARA TODO O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA. FALOULLE DA ORIXE DO LEITE, DAS SÚAS PROPIEDADES, DA SÚA CONSERVACIÓN, DOS DIFERENTES TIPOS DE LEITE QUE SE PRODUCEN,E REALIZARON EXPERIMENTACIÓNS SOBRE A FORMA DE ELABORACIÓN DOS SEUS DERIVADOS: IOGUR, MANTEIGA... O ALUMNADO TIVO A POSIBILIDADE DE ACHEGARSE AO PROCESO DE ELABORACIÓN LEVADO A CABO NA FÁBRICA NA QUE TRABALLA (NESTLÉ). PARA REMATAR EXPERIMENTARON REALIZANDO UNHA VELA UTILIZANDO DE MECHA PAPEL ENROLADO E A MODO DE CERA A MANTEIGA, PROCESO SIMILAR AO UTILIZADO POLOS NOSOS ANCESTROS PARA ALUMEARSE CANDO A LUZ AÍNDA NON CHEGARA AOS NOSOS FOGARES. VAIA O NOSO AGRADECEMENTO POLA SÚA ADICACIÓN E A SÚA COLABORACIÓN!!!! SE CLICAS NO ENLACE PODERÁS TER ACCESO A UNHA MOSTRA DA PRESENTACIÓN.

VIDEO: O LEITE POR BENJAMÍN TOUCEDA