Páginas

Páginas

martes, 25 de decembro de 2012

ESCOITEMOS O SON DA NOSA MÚSICA

E AGORA QUE MIRAMOS A EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS, NON SEMELLA QUE FALLA ALGO?
TOCA ESCOITAR
NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA. OLI E GUSTAVO ACUDIRON AO COLE PARA FACERNOS SENTIR O RONCO DA GAITA, O SON DO PANDEIRO, DAS TARRAÑOLAS E CULLERES, O ASUBÍO DA REQUINTA,A HARMONÍA DO ACORDEÓN ,O CHASCARRASCHÁS DO CHARRASCO, O CANTAR DOÍDO DA ZANFONA..., E ASÍ UN A UN PRESENTARON AOS NENOS/AS OS INSTRUMENTOS E O SEU SON,DELEITÁNDONOS TAMÉN CON ALGUNHAS   CANTIGAS.O SON PENETROU NA NOSA PEL TECENDO FÍOS INVISIBLES PARA CANTAR, BAILAR, IMAXINAR, RIR, CHORAR,SENTIR... E PARA SER
 

luns, 24 de decembro de 2012

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Entrade na biblio e ollade con nós a exposición de instrumentos da música galega. Fermoso video no que a tradición, a nosa cultura, as nosas raíces se mesturan nas mans dos nosos pequenos. Só coñecendo teremos a capacidade de valorar e amar  o que somos e o que sentimos. Ao son da ALBORADA DE SEVERINA do disco O PANO NON ME NAMORA de MALVELA queremos compartir o noso sentir e a nosa ilusión de espallar todo o QUE SOMOS. Agardamos que vos guste.
 

domingo, 23 de decembro de 2012

INSTRUMENTOS TRADICIONAIS NA MÚSICA GALEGA

Ao longo deste trimestre traballamos o texto descritivo. En todas as aulas describíronse  instrumentos da música tradicional galega. Previamente fixemos un traballo de documentación de cada un deles, presentacións en power point   e buscamos adiviñas relacionadas con ditos instrumentos. Amosamos un exemplo dun traballo realizado polo alumnado de 1º de primaria.


Se desexas descargar as fichas de traballo clica na imaxen

sábado, 22 de decembro de 2012

GUÍA LECTURAS DE NADAL

ESTA É A GUÍA DE NADAL ENVIADA ÁS FAMILIAS E QUE CONTÉN AS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA ESCOLLIDAS  POLO PROFESORADO DOS DIFERENTES NIVEIS.

xoves, 20 de decembro de 2012

GUÍAS ORIENTATIVAS FAMILIAS (EDUCACIÓN PARA O LECER)

 COMO VEN SENDO COSTUME DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ELABOROUSE ESTE TRÍPTICO PARA O ENVÍO ÁS FAMILIAS. 
  AO LONGO DO CURSO ENVIAMOS TRES DOCUMENTOS ORIENTATIVOS SOBRE TEMAS EDUCATIVOS DE INTERÉS.
  NESTA OCASIÓN DECIDIMOS ABORDAR O TEMA:
                "EDUCACIÓN PARA O LECER"

venres, 30 de novembro de 2012

VIOLENCIA DE XÉNERO

NO COLE CONMEMORAMOS O DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
 DESPOIS DE RECOMPILAR INFORMACIÓN A TRAVÉS DA WEB  SOBRE ESTE TEMA E DA LECTURA DE VARIOS LIBROS:"ARTUR E CLEMENTINA" E "ROSA CARAMELO" TODO O ALUMNADO CELEBROU UN ACTO NO QUE SE LEU UN MANIFESTO E UN POEMA ELABORADO POLOS NENOS/AS DE 5º E 6º.  REMATOUSE CON EXPRESIÓN CORPORAL CON MÚSICA DE ANDI LUCAS

martes, 20 de novembro de 2012

CANTIGAS GALEGAS


HOXE SAIRON DO NOSO COLE OS LIBROS DAS CANTIGAS GALEGAS CARA AS CASAS DAS FAMILIAS DO NOSO ALUMNADO
PRETENDEMOS, DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA,  FACER CONXUNTAMENTE COAS FAMILIAS UN TRABALLO COLECTIVO DE RECOMPILACIÓN DE CANTIGAS POPULARES GALEGAS CO ÁNIMO DE CONSERVAR O NOSO PATRIMONIO CULTURAL E ASEGURAR A TRANSMISIÓN DAS NOSAS TRADICIÓNS AS NOVAS XERACIÓNS


domingo, 11 de novembro de 2012

¡ISTO SI QUE É SAMAÍN!

CARTA ENVIADA ÁS FAMILIAS

VIDEO DOS TRABALLOS REALIZADOS POLAS FAMILIAS DO NOSO ALUMNADO. CANCIÓN INTERPRETADA POR UXÍA SENLLE DE TÍTULO "EU CHOREI CHOREI"
FELICITACIÓNS A TODAS AS FAMILIAS. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E APOIO. ¡CANTA CREATIVIDADE!

martes, 6 de novembro de 2012

A REVISTA T.V.G. SAMAÍN EN AGRO DO MUÍÑO


JESÚS SÁNCHEZ, PAI DUN ALUMNO DE 4º DE PRIMARIA TIVO A XENTILEZA DE SUBIR A VIMEO UNHA COPIA DA REPORTAXE "SAMAÍN EN AGRO DO MUÍÑO" EMITIDO POLA T.V.G. NO PROGRAMA A REVISTA,  PARA DISFRUTE DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.  VAIA O NOSO AGRADECEMENTO.
SE DESEXAS VELO CLICA AQUÍ: https://vimeo.com/52602281 OU NO ENLACE  "SAMAÍN EN AGRO DO MUÍÑO"
SE DESEXAS INFORMACIÓN SOBRE O SAMAÍN, A NOSA HISTORIA, CLICA NO SEGUINTE ENLACE:  http://anosahistoria.blogspot.com.es/2009/10/bran-lug-deuses-celtas-4-defuntos-o.html


venres, 2 de novembro de 2012

MEDO¡QUÉ MEDO! ARREPÍOS CO MEDO

O MEDO QUE NOS PROTEXE, MEDO QUE NOS FAI SER PRUDENTES, MEDO QUE NOS DESEQUILIBRA, MEDO AO MEDO, AOS PESADELOS, AOS ANIMAIS, A PERDERSE NA RÚA, A OSCURIDADE, Á CRISE, A QUE SUCEDAN COUSAS TERRIBLES Á NOSA FAMILIA...  MEDO, MEDO, TANTOS MEDOS,QUE TRABALLAMOS EMOCIONALMENTE NAS AULAS E DEIXAMOS PENDURADOS EN PARAUGAS A MODO DE ATRAPAMEDOS PARA QUE NOS PROTEXAN, PARA NON SENTIR MEDO DO MEDO. ACOMPAÑAMOS OS MEDOS DE LECTURAS DE MEDO QUE EXPUXEMOS NOS CORREDORES, QUE LIMOS, QUE NOS DELEITARON E AXUDARON A SUPERAR OS NOSOS MEDOS.¡¡¡¡UFFFFFF, QUÉ MEDO!!!!! ¡¡¡DANNOS ARREPÍOS!!!!

OLLADE O MEDO



luns, 29 de outubro de 2012

MEIGA PARA PROFES

DENTRO DO APARTADO DE FORMACIÓN DE USUARIOS O EQUIPO DE BIBLIOTECA PREPAROU ESTA PEQUENA PRESENTACIÓN PARA
FACILITAR O ACCESO AO PROGRAMA MEIGA
 DE TODO O PROFESORADO. ESTA FORMACIÓN DE USUARIOS PARA PROFES FOI PLANIFICADA PARA REALIZAR UN LUNS POLA TARDE NO HORARIO ASIGNADO Á REUNIÓN DE CICLOS

domingo, 28 de outubro de 2012

FUNCIONAMENTO DA NOSA BIBLIOTECA

AMOSAMOS A PRESENTACIÓN QUE VISIONOU O NOSO ALUMNADO CO GALLO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES NO APARTADO DE FORMACION DE USUARIOS.

ASI FUNCIONA A NOSA BIBLIO

mércores, 24 de outubro de 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (24 OUTUBRO)

FORON MOITAS AS ACTIVIDADES QUE O EQUIPO DE BIBLIOTECA DESEÑOU PARA LEVAR A CABO NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES ASÍ COMO AO LONGO DESA SEMANA E DA ANTERIOR: FACEMOS UNHA BREVE RESEÑA QUE DETALLAREMOS NALGUNHAS OUTRAS ENTRADAS:
  1. REPARTO DOS CARNÉS POLAS AULAS
  2.  FORMACIÓN DE USUARIOS PARA TODO O ALUMNADO (HORARIO DE USO DE BIBLIOTECA DAS AULAS)
  3.  FORMACIÓN DE USUARIOS PARA O PROFESORADO (TARDE DUN LUNS)
  4.  REPARTO ÁS AULA DE MOCHILAS VIAXEIRAS CO MATERIAL SELECCIONADO PREVIAMENTE POLO PROFESORADO TITOR
  5.  LEMAS DE ANIMACIÓN Á LECTURA
  6.  AMBIENTACIÓN DO ESPAZO DA BIBLIOTECA.
  7. PROXECCIÓN DE DÚAS PELIS:
  •            ED. PRIMARIA   "EL GUARDIÁN DE LAS PALABRAS"
  •            ED. INFANTIL    "CAILLOU: MI PRIMERA VEZ EN LA BIBLIOTECA" 
      8.  ENTRADA NO COLE AO SON DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.


domingo, 21 de outubro de 2012

OUTUBRO MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ao longo deste mes todos os nenos/as elaboraron lemas para animar á lectura, que logo foron expostos para disfrute de todos no corredor do cole. Con música de LUAR NA LUBRE podedes visionalos neste fermoso video. NORABOA a todo o alumnado polo seu bo facer e a súa creatividade. ¡Quedou chulísimo!

martes, 25 de setembro de 2012

PRESENTACIÓN E AMBIENTACIÓN

XA COMEZAMOS A PREPARAR AS AULAS COMO PRESENTACIÓN E MOTIVACIÓN PARA O PROXECTO DE CENTRO E ASI DARLLO A COÑECER AO NOSO ALUMNADO. O CENTRO ESTÁ CHEO DE NOTAS MUSICAIS E DIFERENTES ASPECTOS ETNOGRÁFICOS RELACIONADOS COA MUSICA GALEGA NA TRADICIÓN E NA MODERNIDADE. PORTAS DE CANTIGAS, DE ATURUXOS, DE ROMARÍAS...

domingo, 23 de setembro de 2012

BENVIDOS/AS Á MÚSICA GALEGA


AO SON DE "ISTO SI QUE É MUIÑADA" BOTAMOS A ANDAR ENTRE GAITAS, PAIDEIROS, PANDEIRETAS...E LECTURAS AMABLES, DELICADAS,TENRAS, SENSIBLES EMPAPADAS DE NOTAS MUSICAIS E DE TODOS OS NOSOS PROXECTOS QUE VOS IREMOS TARAREANDO AO LONGO DESTE NOVO CURSO

BENVIDOS AO CONCERTO :
TRADICIÓN E MODERNIDADE NA MÚSICA GALEGA



venres, 29 de xuño de 2012

PROXECTO: TRADICIÓN E MODERNIDADE NA MÚSICA GALEGA

ANDAMOS XA MOI ILUSIONADOS CO NOVO PROXECTO: TRADICIÓN E MODERNIDADE NA MÚSICA GALEGA. COMO O VERÁN XA ESTÁ AQUÍ, QUE MELLOR QUE MERGULLARNOS E ENCHOUPARNOS NA MÚSICA GALEGA
AÍ VAI A DESPEDIDA, AÍ VAI A DERRADEIRA... 
                     BO VERÁN

 

mércores, 27 de xuño de 2012

GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2012

Chegou o verán, o descanso, o lecer. Un libro nas nosas mans para voar entre as nubes mentres nos arrolan as ondas no mar.

martes, 26 de xuño de 2012

GRANDE!!! SUSA HERRERA

SUSA HERRERA DELEITOU AOS MÁIS PEQUENOS DO COLE COA SÚA ACTUACIÓN. ¡QUE BEN O PASARON! GRANDE SUSA
 

domingo, 24 de xuño de 2012

MELLORES LECTORES 2012

ESTES FORON OS NOSOS MELLORES LECTORES NO CURSO 2012. DESEXÁMOS A TODOS UN BO VERÁN  E COMO NON UNHAS DELICIOSAS LECTURAS

domingo, 3 de xuño de 2012

MEMORIA CURSO 2011-12

XA CHEGAMOS AO FINAL.
DEIXÁMOSVOS UNHA MEMORIA DE TODO O TRABALLO REALIZADO AO LONGO DO CURSO. GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POR FACELO POSIBLE. AUNAMOS ESFORZOS PARA CONQUERIR AS METAS DESEXADAS.

sábado, 2 de xuño de 2012

O ALUMNADO DE 5 ANOS DO COLE QUEREMOS AGASALLARVOS CON ESTE ABECEDARIO DAS FLORES, QUE FIXEMOS AO LONGO DO CURSO DENTRO DO PROXECTO " CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS" UMMMMMMMMMMMM!!!!!! QUE DELICIA!!!! A QUE OLEN MOI BEN?????

venres, 25 de maio de 2012

ARTE E NATUREZA

DAVID HOCKNEY
HENRI MATISSE

VAN GOGH

Se queres descargar as fichas elaboradas polo profesorado sobre algún dos pintores traballados, clica nos cartaces.

xoves, 24 de maio de 2012

VAN GOGH E OS XIRASOIS

Proxecto de traballo realizado polo alumnado de 4 anos, dentro do proxecto de Centro " ARTE E NATUREZA". Se queres descargar as fichas deste proxecto preme aquí

mércores, 23 de maio de 2012

ARTE E NATUREZA

PEQUENO MUSEO NO C.E.I.P AGRO DO MUÍÑO
O TRABALLO DO 2º TRIMESTRE ARTE E NATUREZA PLASMÁMOLO NUNHA EXPOSICIÓN DE CARTACES BIOGRÁFICOS DOS DIFERENTES PINTORES E RECREACIÓNS DOS SEUS CADROS, FEITAS POLO ALUMNDO. ESCOLLEMOS MAIORMENTE CADROS REFERIDOS Á NATUREZA TENDO RELACIÓN CO PROXECTO INICIAL CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS

martes, 22 de maio de 2012

ARTE E NATUREZA NAS AULAS

Amosamos unha mostra de traballos realizados polo alumnado nas diferentes aulas sobre ARTE E NATUREZA

luns, 21 de maio de 2012

ARTE E NATUREZA (LIM)

Imos a coñecer máis cousas da arte e da natureza xogando con LIM

sábado, 19 de maio de 2012

ARTE E NATUREZA (HENRI MATISSE)

Dentro do Proxecto Documental "Convivindo con Libros e Plantas " adicamos o 2º trimestre a traballar a natureza baixo a atenta mirada do artista. Este é o traballo que realizará o alumnado de 1ºA sobre Henri Matisse que rematará cunha interpretación do cadro "LA CORTINA EGIPCIA"

venres, 18 de maio de 2012

EU LEO, TI LES, NOS LEMOS

MOSTRA DE DIFERENTES ACTIVIDADES QUE DESENVOLVEMOS NA HORA DE LER:

APADRINAMENTOS, LECTURAS COMPARTIDAS, DRAMATIZACIÓNS...

xoves, 17 de maio de 2012

ASI O FIXEMOS E ASI O CONTAMOS

Traballo realizado polo alumnado de 4º ao longo do curso no proxecto CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS

martes, 15 de maio de 2012

ABRIL POEMAS MIL

TRABALLOS CON POEMAS NO MES DE ABRIL .UNHA XIGANTESCA ÁRBORE ENCHEUSE DE FOLLAS-POEMAS, PARA LEDICIA DE TODOS E TODAS.

martes, 8 de maio de 2012

1200 MARCAPÁXINAS, 2500 EUROS SOLIDARIOS

1200 MARCAPÁXINAS FEITOS CON MOITAS GAÑAS E ILUSIÓN VOAN CARA A REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO TRANSFORMADOS EN 2500 EUROS QUE AXUDARÁN A QUE OUTRAS PERSOAS SEXAN UN CHISQUIÑO MÁIS FELICES. EN NOME DE TODO O CLAUSTRO DE PROFESORES DO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO O NOSO AGRADECEMENTO A TODAS AS FAMILIAS POLA SOLIDARIEDADE AMOSADA.

xoves, 3 de maio de 2012

SAPO Y SEPO, UN AÑO ENTERO (EL HELADO)

ACTIVIDADES DE LECTURA E COMPRENSIÓN, FEITAS EN LIM, SOBRE O CAPITULO DE "EL HELADO" CORRESPONDENTE AO LIBRO "SAPO Y SEPO, UN AÑO ENTERO" DE ARNOLD LOBEL,  EDITADO POR ALFAGUARA INFANTIL

mércores, 2 de maio de 2012

CÓNTAME UN CONTIÑO

Actividade moi fermosa desenvolvida na aula de Ed Infantil. A experiencia dos AVÓS, o seu bo contar, a ledicia de transmitir todo o seu saber aos máis cativos produxo escenas fermosísimas na que pasado, presente e futuro mestúranse . A tenrura dos maiores e a ledicia dos pequenos ante a súa presencia creron momentos verdadeiramente máxicos e inesquecibles na aula. GRAZAS POLA VOSA DISPOSICIÓN E POLO VOSO LABOR EDUCATIVO. AS VOSAS LECCIÓNS SOBRE A VIDA SON AS QUE CIMENTAN O NOSO FUTURO.

domingo, 29 de abril de 2012

MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS

1200 MARCAPÁXINAS POLA SOLIDARIEDADE. TRABALLO REALIZADO CONXUNTAMENTE COAS FAMILIAS E QUE TIVO, COMA SEMPRE, FANTÁSTICA ACOLLIDA. GRAZAS A TODOS POLO VOSO ESFORZO. SE QUERES VISUALIZAR O DOCUMENTO ENVIADO ÁS FAMILIAS PARA REALIZAR ESTA ACTIVIDADE PREME AQUÍ.

Save the Children traballa en Republica Democrática del Congo en programas de nutrición, saúde e educación.... Os nosos esforzos céntranse en:
• Reconstruír as escolas, equipándoas con material educativo e formando os profesores.
• Conseguir que as nenas teñan as mesmas oportunidades e dereitos que os nenos a nivel de educación.
• Proporcionar asistencia sanitaria aos máis pequenos, vacinándoos e coidando a súa nutrición.
• Tratar de que os nenos e nenas que foron escravizados polos grupos armados poidan volver ás súas comunidades, ofrecéndolle formación profesional para que teñan un medio de vida. "


martes, 24 de abril de 2012

...E COMO SE FAI UN LIBRO???

Os Bolechas coa súa sabiduría apréndennos COMO SE FAI UN LIBRO

luns, 23 de abril de 2012

(AMBIENTE DE LECTURA NA ESCOLA)

Coincidindo co Día do Libro 2012, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta (especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais), e na que temos a honra de participar, que nos fai reflexionar aos que a subscribimos, sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola, e é ese o nome do manifesto que lles invito a ler. Son doce puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía un verdadeiro reformulación da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. Para iso dirixímonos a toda a ampla comunidade vinculada coa lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da educación... Aínda que sempre oímos aquilo de “niso todos estamos de acordo” o certo é que no mundo vinculado ao libro e á lectura hai moita leria e adorno estéril, pero tamén temos SE QUERES LER O MANIFESTO CLICA AQUÍ

domingo, 22 de abril de 2012

ABRIL MES DO LIBRO

MOSTRA DE ACTIVIDADES QUE SE ESTÁN A REALIZAR AO LONGO DO MES DE ABRIL NO NOSO CENTRO

sábado, 24 de marzo de 2012

DEREITOS DAS ÁRBORES

LIBRO REALIZADO POLO ALUMNADO DE ED. INFANTIL PARA CELEBRAR O DÍA DA ÁRBORE

venres, 23 de marzo de 2012

AUGAMARES DE VIDA

BAIXO O LEMA PINGAS DE AUGAMARES DE VIDA
CONFECCIONAMOS ESTE MURAL CO GALLO DO DÍA MUNDIAL DA AUGA. PRETENDEMOS QUE TOMEN CONCENCIA DA IMPORTANCIA DE PROTEXER ESTE RECURSO NATURAL ESGOTABLE BÁSICO PARA A VIDA. O ALUMNADO DE 5º E 6º DESEÑOU E COMPUXO OS LEMAS DO MURAL. CADA CURSO DO COLE COLABOROU DESEÑANDO UNHA PEQUENA GOTA QUE FORMARÍA UNHA GRAN PINGA.

xoves, 22 de marzo de 2012

QUE DIN OS RUMOROSOS?


CELEBRAMOS O DÍA DA ÁRBORE CON POESÍAS. CADA AULA TRABALLOU UNHAPOESÍA POESÍA RELACIONADA COAS ÁRBORES E COA NATUREZA. POEMAS QUE SE ESCRIBIRON EN PEQUENAS ÁRBORES, PARA FORMAR UNHA COPA DE POEMAS

















Todo el mundo ha oído el susurro del viento entre la copa de los árboles. Sin embargo, no todos han llegado a escuchar sus voces, tan diversas según de qué árbol se trate; no todos se han regalado el oído con sus canciones, tan dulces como un beso tras otro, aunque poco después sean como lágrimas. Hay que escuchar atentamente el sonido de sus hojas y procurar descifrarlos. También su modo de hablar es distinto según sea la fuerza del viento y la edad de los árboles; pues difieren tanto entre sí como la risa de un niño y el lamento de un anciano.
  (Archiduque Luis Salvador de Habsburgo, Canciones de los árboles)

domingo, 18 de marzo de 2012

4º DE PRIMARIA VISITA A BIBLIO DE AMES

DENTRO DO PROXECTO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DO CENTRO OFRÉCESE A POSIBILIDADE DE INTERACTUAR CON OUTRAS BIBLIOTECAS. NESTA OCASIÓN A BIBLIOTECA DO CONCELLO DE AMES TRABALLOU FORMACIÓN DE USUARIOS E ANIMACIÓN Á LECTURA CO ALUMNADO DE 4º B

sábado, 17 de marzo de 2012

ESCOLMA DE POEMAS VEXETAIS

GRAZAS AOS COMPAÑEIROS/AS DO I.E.S SAN PAIO E PEDRAS RUBIAS POR FACILITARNOS A TODOS/AS O SEU TRABALLO.

xoves, 15 de marzo de 2012

A AUGA

 MOI BOA ANIMACIÓN . TODO SOBRE A AUGA . El agua

luns, 12 de marzo de 2012

CANCIÓN : EL AGUA ES VIDA

22 DE MARZO :DÍA MUNDIAL DA AUGA SE QUERES SABER MÁIS SOBRE A AUGA E INTERACTUAR NA EXPERIMENTACIÓN CLICA NA AUGA RECURSO INDISPENSABLE PARA A VIDA E ATOPARÁS MÚLTIPLES RECURSOS EDUCATIVOS (3º CICLO)

domingo, 11 de marzo de 2012

POEMAS DÍA DA MULLER

ESCOITAMOS A BELI E A ENCARNA. DÍA DA MULLER.  FERMOSO!!!

xoves, 8 de marzo de 2012

INICIACIÓN TEATRAL

¡QUE MELLOR QUE PREPARAR UN TRABALLO PARA COMPARTIR  BOA RELACIÓN E INTERACCIÓN. XENIAL FOI O ENSAIO DO ALUMNADO DE 3º DA SÚA PRIMEIRA REPRESENTACIÓN TEATRAL PARA O PÚBLICO DE ED. INFANTIL E 1º. FORON DIRIXIDOS POLA PROFESORA DE ED. FÍSICA.TRABALLARON OS OBXECTIVOS DA ÁREA REFERIDOS A DRAMATIZACIÓN E EXPRESIÓN CORPORAL.

mércores, 7 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER (PROPOSTA DE TRABALLO)

ÁNIMO!!!! AQUÍ TEDES UNHA PROPOSTA DE TRABALLO PARA REALIZAR CO GALLO DO DÍA DA MULLER. TEDES UN ENLACE NO BLOG NA ENTRADA REFERIDA Á EXPOSICIÓN DO CORREDOR "PIONEIRAS DA ECOLOXIA" TAMÉN PODES RECOLLER INFORMACIÓN NO MURAL INFORMATIVO.

luns, 5 de marzo de 2012

MULLERES CIENTÍFICAS:DERRUBANDO BARREIRAS

Dentro do proxecto"CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS"adicámoslle o Día da Muller Traballadora a dúas mulleres científicas pioneiras no campo da ecoloxía: Rachel Carson; Josefina Castellví

mércores, 15 de febreiro de 2012

EXPOSICIÓNS ENTROIDO

A quen non lle gusta disfrazarse? A nosa árbore tamén decidiu poñer a súa máscara e traernos os libros da biblio que falaban de ENTROIDO: disfraces e máscaras, maquillaxes e títeres e outros libros máis acompañáronnos nestas datas para que todos/as puideramos disfrutalos
VIVE O ENTROIDO!!!!!!

martes, 14 de febreiro de 2012

TI NON XOGAS!!!!!


O día 14 de febreiro tivemos a sorte de poder disfrutar da presenza de Silvestre Gómez Xurxo o autor do libro Ti non Xogas!!!, que leron o alumnado e 3º e 4º de Ed.Primaria ao longo deste segundo trimestre. Agasallounos co seu bo contar.

                               

luns, 13 de febreiro de 2012

SAE O ENTROIDO AO CORREDOR

TEMOS QUE COÑECER DE ONDE VIMOS PARA SABER CARA ONDE CAMIÑAMOS. AS NOSAS TRADICIÓNS COMO SINAIS DA NOSA IDENTIDADE LEVÁRONNOS A PROGRAMAR O ENTROIDO DANDO A COÑECER O NOSO: ESCOMEZAMOS NO PRESENTE CURSO POLOS XERAIS,PRÓXIMOS AO NOSO CONCELLO E OS PELIQUEIROS DA LAZA POLA SÚA VISTOSIDADE .

xoves, 9 de febreiro de 2012

A PALABRA QUINCENAL

Grazas ao equipo de Dinamización da Lingua Galega polo seu bo facer a prol da nosa lingua. Traballamos, neste caso, vocabulario relacionada con plantas. Cada quince días, a modo de concurso, aparece no noso corredor unha nova palabra co fin de que averigüemos o seu significado e fagamos  EXEMPLOS DE USO CON ELA. Ademais do primeiro premio que é o coñecemento da nosa lingua, hai outro á participación e o esforzo. Neste caso a palabra é : ALECRÍN

martes, 7 de febreiro de 2012

A PAZ: ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS

Presentamos un resumo de todas as actividades conmemorativas realizadas co gallo do Día da Paz :
  • Presentación e lectura de manifesto.
  • Presentación sobre a importancia das emocións e aperta.
  • Teatro de guiñol orixinal e representada polo alumnado de 5º :"A GOTIÑA DE AUGA"
  • Acrosport co lema : NON VIOLENCIA, VIVE EN PAZ
  • Baile da Carrasquiña, cheo de saúdos, apertas e biquiños.

luns, 6 de febreiro de 2012

SEMENTAMOS LECTURAS,SEMENTAMOS VALORES

CANDO SEMENTAMOS PALABRAS, SOÑOS, LEMBRANZAS..., RECOLLEMOS LECTURAS. CANDO SEMENTAMOS PALABRAS QUE FALAN DE VALORES, FORMAMOS PERSOAS QUE CONVIVEN EN RESPECTO E HARMONÍA

domingo, 5 de febreiro de 2012

CONTO:CAMILLE Y LOS GIRASOLES(Laurence Anholt)

Un dia llego un hombre extraño al pueblo de Camille. Llevaba un sombrero de paja y barba amarilla...El hombre extraño es el artista Vincent van Gogh, visto a traves de los ojos de un nino, hechizado por los cuadros de Vincent.Camille descubre que no todos aprecian el genio de su ;Hombre de los Girasoles;Vincent es obligado a abandonar el pueblo, pero sus cuadros siguen viviendo para no ser olvidados jamas.Una presentacion encantadora del gran pintor, que incluye reproducciones de la obra de van Gogh.
Se queres velo clica AQUÍ

sábado, 4 de febreiro de 2012

EXEMPLO PROXECTO DOC. INTEGRADO(VAN GOGH)

Amosamos un exemplo de Proxecto Documental Integrado sobre a figura de Van Gogh. Damos as grazas por compartilo, ás persoas que o fixeron posible.

martes, 31 de xaneiro de 2012

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO

Relato para nenos/as narrado por José Saramago, destinado a eles/as, que medran nun mundo individualista e falto de valores e ideais.
ATRÉVETE TI a contar esta preciosa historia. Ánimo e ponte en contacto co/a profe se o fas, así poderás compartilo con todos/as .

luns, 30 de xaneiro de 2012

EXPOSICIÓNS SOBRE A PAZ

Mostra de traballos expostos nos corredores: biografías de Suso e Wangari e tamén a palabra PAZ ESCRITA sobre o periódico (a través del somos coñecedores de situacións de conflicto) nas diferentes linguas peninsulares e mundiais.

venres, 27 de xaneiro de 2012

WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ

"Wangari y los árboles de la Paz, una historia verdadera", de Ediciones Ekaré. Autora: Jeanette Winter. Jeanette Winter A autora e ilustradora naceu en 1939 en Chicago. Dende pequena o seu tío avó l transmiteulle o amor pola pintura. Nembargantes, aprendeu soa a escribir e ilustrar libros, actividade á que se dedica.

mércores, 18 de xaneiro de 2012

REBUSCANDO NA PAZ

ESTE É A NOSA PEQUENA HOMENAXE A SUSO JARES E A WANGARI MAATHAI. BUSCAMOS INFORMACION EN LIBROS, ARTIGOS, NO CORREDOR E NA WEB. AMOSAMOS O TRABALLO PROPOSTO PARA TODOS OS CICLOS.

martes, 17 de xaneiro de 2012

30 XANEIRO DÍA DA PAZ

No noso cole imos adicarlle o Día da PAZ 2012 a dous persoeiros traballadores/as incansables a prol da paz:
-SUSO JARES: Pai da educación para a paz en Galicia. Fundador do movemento Educadores pola Paz
-WANGARI MAATHAI: Premio Nobel da Paz no ano 2004. Fundadora do movemento ZONAS VERDES. Usou as súas propias mans e o seu corazón para sementar e enverdecer a Comunidade Africana.
Na súa memoria, o noso traballo de documentación.

domingo, 15 de xaneiro de 2012

VIDEO: ENTRE LIBROS E PLANTAS( Proxecto Doc.)

entre todos  ao longo do 1º trimestre, dentro do Proxecto Documental " CONVIVINDO CON LIBROS E PLANTAS".

sábado, 14 de xaneiro de 2012

ADIVIÑAS NORMALIZADORAS


O Equipo de Normalización Lingüística programou, no 1º trimestre,  un Concurso de Adiviñas , entroncado no Proxecto "Convivindo con Libros e Plantas". Cada semana houbo un concurso de adiviñas que  esta vez, tamén tiñan que ver coas flores e plantas. Grazas polo voso pulo a prol da nosa lingua.

xoves, 12 de xaneiro de 2012

CONTA QUE TE CONTAS: ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Coa colaboración e  mediación de pais e nais do noso alumnado de Ed Infantil, puxémonos en contacto coa Federación de Xordos para ver a posibilidade de que viñeran ao cole a contárlle diferentes contos utilizando, ademais doutras linguaxes, tamén a de  signos.Contaron:
-LA ORUGA GLOTONA para 3 anos e 4 anos.
-LA AVESTRUZ MARILUZ  para 5 anos
-LA NOCHE DESPUES DE NAVIDAD  para o 1º ciclo de primaria.

Aproveitaron tamén para amosarlle aos nenos/as o vídeo de EL SUEÑO DE PEDRO, que trata sobre a problemática das persoas xordas e a eliminación das barreiras comunicativas . GRAZAS POR TODA A SÚA ADICACIÓN

mércores, 11 de xaneiro de 2012

CHARLA INFORMATIVA DO SEPRONA

Hoxe visitaron o noso Centro dous membros da Garda Civil de Seprona para dar unha charla a todo o alumnado de Ed Primaria sobre a labor medio-ambiental que eles levan a cabo e que forma parte das suas competencias e tarefas. Asemade informaron sobre as diferentes maneiras de contaminación e agresións ao medio ambiente e incidiron sobre o coidado e repecto que debemos de ter polo entorno que nos rodea. Deixáronnos un comic que queremos compartir.