Páginas

Páginas

martes, 25 de decembro de 2012

ESCOITEMOS O SON DA NOSA MÚSICA

E AGORA QUE MIRAMOS A EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS, NON SEMELLA QUE FALLA ALGO?
TOCA ESCOITAR
NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA. OLI E GUSTAVO ACUDIRON AO COLE PARA FACERNOS SENTIR O RONCO DA GAITA, O SON DO PANDEIRO, DAS TARRAÑOLAS E CULLERES, O ASUBÍO DA REQUINTA,A HARMONÍA DO ACORDEÓN ,O CHASCARRASCHÁS DO CHARRASCO, O CANTAR DOÍDO DA ZANFONA..., E ASÍ UN A UN PRESENTARON AOS NENOS/AS OS INSTRUMENTOS E O SEU SON,DELEITÁNDONOS TAMÉN CON ALGUNHAS   CANTIGAS.O SON PENETROU NA NOSA PEL TECENDO FÍOS INVISIBLES PARA CANTAR, BAILAR, IMAXINAR, RIR, CHORAR,SENTIR... E PARA SER
 

luns, 24 de decembro de 2012

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

Entrade na biblio e ollade con nós a exposición de instrumentos da música galega. Fermoso video no que a tradición, a nosa cultura, as nosas raíces se mesturan nas mans dos nosos pequenos. Só coñecendo teremos a capacidade de valorar e amar  o que somos e o que sentimos. Ao son da ALBORADA DE SEVERINA do disco O PANO NON ME NAMORA de MALVELA queremos compartir o noso sentir e a nosa ilusión de espallar todo o QUE SOMOS. Agardamos que vos guste.
 

domingo, 23 de decembro de 2012

INSTRUMENTOS TRADICIONAIS NA MÚSICA GALEGA

Ao longo deste trimestre traballamos o texto descritivo. En todas as aulas describíronse  instrumentos da música tradicional galega. Previamente fixemos un traballo de documentación de cada un deles, presentacións en power point   e buscamos adiviñas relacionadas con ditos instrumentos. Amosamos un exemplo dun traballo realizado polo alumnado de 1º de primaria.


Se desexas descargar as fichas de traballo clica na imaxen

sábado, 22 de decembro de 2012

GUÍA LECTURAS DE NADAL

ESTA É A GUÍA DE NADAL ENVIADA ÁS FAMILIAS E QUE CONTÉN AS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA ESCOLLIDAS  POLO PROFESORADO DOS DIFERENTES NIVEIS.

xoves, 20 de decembro de 2012

GUÍAS ORIENTATIVAS FAMILIAS (EDUCACIÓN PARA O LECER)

 COMO VEN SENDO COSTUME DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN ELABOROUSE ESTE TRÍPTICO PARA O ENVÍO ÁS FAMILIAS. 
  AO LONGO DO CURSO ENVIAMOS TRES DOCUMENTOS ORIENTATIVOS SOBRE TEMAS EDUCATIVOS DE INTERÉS.
  NESTA OCASIÓN DECIDIMOS ABORDAR O TEMA:
                "EDUCACIÓN PARA O LECER"