Páginas

Páginas

mércores, 15 de febreiro de 2012

EXPOSICIÓNS ENTROIDO

A quen non lle gusta disfrazarse? A nosa árbore tamén decidiu poñer a súa máscara e traernos os libros da biblio que falaban de ENTROIDO: disfraces e máscaras, maquillaxes e títeres e outros libros máis acompañáronnos nestas datas para que todos/as puideramos disfrutalos
VIVE O ENTROIDO!!!!!!

martes, 14 de febreiro de 2012

TI NON XOGAS!!!!!


O día 14 de febreiro tivemos a sorte de poder disfrutar da presenza de Silvestre Gómez Xurxo o autor do libro Ti non Xogas!!!, que leron o alumnado e 3º e 4º de Ed.Primaria ao longo deste segundo trimestre. Agasallounos co seu bo contar.

                               

luns, 13 de febreiro de 2012

SAE O ENTROIDO AO CORREDOR

TEMOS QUE COÑECER DE ONDE VIMOS PARA SABER CARA ONDE CAMIÑAMOS. AS NOSAS TRADICIÓNS COMO SINAIS DA NOSA IDENTIDADE LEVÁRONNOS A PROGRAMAR O ENTROIDO DANDO A COÑECER O NOSO: ESCOMEZAMOS NO PRESENTE CURSO POLOS XERAIS,PRÓXIMOS AO NOSO CONCELLO E OS PELIQUEIROS DA LAZA POLA SÚA VISTOSIDADE .

xoves, 9 de febreiro de 2012

A PALABRA QUINCENAL

Grazas ao equipo de Dinamización da Lingua Galega polo seu bo facer a prol da nosa lingua. Traballamos, neste caso, vocabulario relacionada con plantas. Cada quince días, a modo de concurso, aparece no noso corredor unha nova palabra co fin de que averigüemos o seu significado e fagamos  EXEMPLOS DE USO CON ELA. Ademais do primeiro premio que é o coñecemento da nosa lingua, hai outro á participación e o esforzo. Neste caso a palabra é : ALECRÍN

martes, 7 de febreiro de 2012

A PAZ: ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS

Presentamos un resumo de todas as actividades conmemorativas realizadas co gallo do Día da Paz :
  • Presentación e lectura de manifesto.
  • Presentación sobre a importancia das emocións e aperta.
  • Teatro de guiñol orixinal e representada polo alumnado de 5º :"A GOTIÑA DE AUGA"
  • Acrosport co lema : NON VIOLENCIA, VIVE EN PAZ
  • Baile da Carrasquiña, cheo de saúdos, apertas e biquiños.

luns, 6 de febreiro de 2012

SEMENTAMOS LECTURAS,SEMENTAMOS VALORES

CANDO SEMENTAMOS PALABRAS, SOÑOS, LEMBRANZAS..., RECOLLEMOS LECTURAS. CANDO SEMENTAMOS PALABRAS QUE FALAN DE VALORES, FORMAMOS PERSOAS QUE CONVIVEN EN RESPECTO E HARMONÍA

domingo, 5 de febreiro de 2012

CONTO:CAMILLE Y LOS GIRASOLES(Laurence Anholt)

Un dia llego un hombre extraño al pueblo de Camille. Llevaba un sombrero de paja y barba amarilla...El hombre extraño es el artista Vincent van Gogh, visto a traves de los ojos de un nino, hechizado por los cuadros de Vincent.Camille descubre que no todos aprecian el genio de su ;Hombre de los Girasoles;Vincent es obligado a abandonar el pueblo, pero sus cuadros siguen viviendo para no ser olvidados jamas.Una presentacion encantadora del gran pintor, que incluye reproducciones de la obra de van Gogh.
Se queres velo clica AQUÍ

sábado, 4 de febreiro de 2012

EXEMPLO PROXECTO DOC. INTEGRADO(VAN GOGH)

Amosamos un exemplo de Proxecto Documental Integrado sobre a figura de Van Gogh. Damos as grazas por compartilo, ás persoas que o fixeron posible.