Páginas
▼
Páginas
▼
luns, 27 de xuño de 2011
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA
Chegou o verán e que mellor que ler un libro á sombriña. Todo e posible: pasear, xogar, darse uns bos chapuzóns... e soñar. O mundo do maxín, mesturado coa realidade a través das páxinas dun libro. A DISFRUTALOS!!!!!!!!!!!!!!!!
domingo, 19 de xuño de 2011
MEMORIA FOTOGRÁFICA CURSO 2010-2011
ESTA É UNHA MOSTRA FOTOGRÁFICA DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO POR TODO O PROFESORADO NO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO, DENTRO DO PROXECTO INTERDISCIPLINAR : "CONTOS,CANTOS E LENDAS NO CAMIÑO".
memoria fotográfica PLAMBE_6
View more presentations from xistina
xoves, 16 de xuño de 2011
A NOSA BIBLIO
ESTAMOS ENCANTADAS COA NOSA NOVA BIBLIO. XA VAI COLLENDO XEITO. ESTA É UNHA MOSTRA DOS NOVOS RECUNCHOS. ¡QUE CHULIS!
martes, 14 de xuño de 2011
LIBROS QUE DEIXAN PEGADA
...E así deixaron pegada os libros recomendados polo noso alumnado e que ían deixando no mural dos CAMIÑOS .
PRIMEIRO : escriben na pegada o libro recomendado e se o desexan algún dos motivos desta recomendación.
PRIMEIRO : escriben na pegada o libro recomendado e se o desexan algún dos motivos desta recomendación.
LOGO as van pegando nos diferentes camiños que levan a Santiago. Da gusto ver como se vai enchendo o mural e como os libros van deixado PEGADAS NOS LECTORES
luns, 13 de xuño de 2011
CREDENCIAL DO ALUMNADO PEREGRINO
A modo de xogo e para promover a participación do alumnado nas actividades propostas pola BIBLIO fixemos esta credencial do peregrino. Cada vez que o alumno/a participaba nunha das actividades propostas selábamos unha etapa concluida do Camiño.¡OLLO que ao final haberá premio, pero haberá que chegar con todo selado!
domingo, 12 de xuño de 2011
PROXECTO POESÍA
Durante todo o segundo trimestre todo o centro traballo no PROXECTO POESÍA.
Dende O EQUIPO DE BIBLIOTECA elaboráronse unha serie de propostas tendo como base a idea de CAMIÑO. O resultado do traballo plasmouse plásticamente nunha exposición .
sábado, 11 de xuño de 2011
PROXECTO POESÍA
Durante a semana da poesía o alumnado recitou entre si os poemas traballados. Esta é unha pequena mostra do noso traballo. Os protagonistas forn neste caso o alumnado de Ed. Infantil 5 anos e de 2º de Primaria
mércores, 1 de xuño de 2011
A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS
Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
A insoportable levedade das bibliotecas escolares galegas
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.
Colectivo das bibliotecas escolares integradas no PLAMBE